SESIÓN 30 /09 /2017 ORIENTACIÓN E Web 2.0
DINAMIZACIÓN DUN ESPAZO SOCIAL
No día de hoxe, CarlosParada propón a actividade que consiste en dinamizar un espazo
social ao modo do que o fariamos nun entorno laboral.
As preguntas clave antes
de iniciar ...
- A quen vai dirixido , que colectivo nos interesa que vexa a información?
- Cales son as necesidades de información? Información , recursos , guías?
- En que espazo?
Tipos de axudas, viveiros de empresas, tipo de sectores onde existe movemento de
desenvolvemento ou innovación, grupos con intereses comúns
(agrario , tecnolóxico...) todo dependerá da resposta ás preguntas anteriores .
En resposta á terceira pregunta, existen numerosas ferramentas a elixir de entre as que destacaremos as seguintes:
FACEBOOK:
- Marcado compoñente lúdico que debemos ter en conta á hora de divulgar información, plantear dinámicas ou darlle publicidade aos servizos/productos .
- Reservado a persoas. A información pasa por un perfil persoal (como persoas individuais, grupos ao redor dunha temática ou como empresa) e debemos ter moi en conta a responsabilidade penal. Por exemplo; nun concello é recomendable que exista un responsable e despois establecer administradores que publican información.
Nesta ligazón podes consultar información sobre o uso de Facebook para estos fins.
TWITTER: Ao longo do curso utilizamos esta ferramenta de microblogging para dinamizar esta rede. Twitter anuncia que incrementará os caracteres disponibles , podes consultar as novidades nesta ligazón.
GOOGLE+: Trátase da competencia
directa de facebook a nivel profesional. Define círculos fronte aos grupos de facebook. e reserva un espazo para profesionais con idéntico sistema de perfil persoal.
Esta ligazón, define os tipos de perfís que poden existir e como xestionalos, como todo, é cuestión do uso que queiras darlle.
PINTEREST: Un marcado componente visual define a pinterest. É un corcho de imaxes dixitais baseada casi na sua totalidade en imaxes, na linea de Fotolog, Tumblr e outras. A comunicación entre usuarios é moi sinxela e consiste nunhas poucas accións, polo que non se trata dun sustituto de facebook. As marcas están moi presentes en Pinterest ( coleccións de roupa, marcas de coches ...)
LINKEDIN: De idéntico xeito que as anteriores ferramentas, Linkedin establece unha participación a nivel persoal ou de empresa. Trátase dunha ferramenta especializada no ámbito do
emprego , podes darte a coñecer e establece dinámicas para
contactos profesionais .
Permite subir creacións
profesionais ( evidencias ) para contextualizar ou traballo realizado
.
Os Grupos permítennos
informarnos e intercambiar ofertas de emprego (o mercado oculto) e
por suposto participar.
Como xestionar os nosos
contactos en Linkedin, aceptamos a todo o mundo? Eliminamos contactos? Ábrese o debate en #CPOLAB17 sobre as boas prácticas profesionais.
Existen moitas ferramentas para dinamizar espazos na rede , neste video podes ver as máis importantes
.
Son as 11.27 , e agora?
Acaban de facernos o seguinte encargo ; dinamiza o teu departamento.
- Público?: persoas interesadas na orientación para ou emprego .
- Temas?: Emprego Público, Normativa, Mercado Laboral (nichos de emprego , novas profesións), convocatorias, fontes de ofertas , formación para o emprego ...
- En que espazo? : Pinterest, Linkedin ou Twitter.
Linkedin será a nosa ferramenta e inplementamos un calendario de
planificación para organizar a dinamización. Tamén se rexistrará nun caderno de
bitácora, sobre que facer e cando coa data, título da entrada, publicación ou comentario e ligazón directa a esa publicación .
Eliximos temas para a
dinamización en Linkedin no grupo Orientación Galicia , logo de
debate as seguintes materias "Redes Sociais e Emprego", "Mercado Laboral" e "Formación".
Vémonos nas redes¡
PARA AMPLIAR INFORMACIÓN ...
Mapa de redes sociais. Iredes.
Manual Pinterest.
Manual Linkedin.
Ferramentas para community managers
Mapa de redes sociais. Iredes.
Manual Pinterest.
Manual Linkedin.
Ferramentas para community managers