Mostrando entradas con la etiqueta Orientación laboral. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Orientación laboral. Mostrar todas las entradas

martes, 24 de octubre de 2017

Marco Instrumental Orientación Ilda_Mera


Resumo do 3º módulo: marco instrumental para a orientación

O curso ponte deste posgrao 2017 remata co bloque instrumental das tarefas e funcións a desempeñar, os recursos e técnicas empregados para a busca de emprego por conta propia e allea, así como os métodos a empregar polo persoal técnico que traballa na orientación laboral.

O módulo está dividido en 3 temas:

Tema 7: Análise de perfís profesionais e prospección de emprego


É esencial dispoñer dun amplo abano de información e recursos para facilitar un asesoramento adecuado segundo o tipo de persoa usuaria do noso servizo. A función do asesoramento é dar as ferramentas necesarias para que a persoa aprenda a identificar que información necesita e poida mobilizar os recursos e mecanismos adecuados para conseguila. Segundo o seu nivel de autonomía, o/a orientador/a pode facer un acompañamento na consecución desta fase de procura de información, ou simplemente titorizar o proceso e poñer en común os resultados obtidos:




Neste tema tratamos tamén na clase presencial as dinámicas grupais máis comúns (foro, debate, mesa redonda, panel, tormenta de ideas) para mellorar habilidades de observación, capacidadede síntese, etc. das persoas orientadas.

A nosa docente Mayte Deus presentou dúas dinámicas adaptadas, unha para mellorar a empregabilidade: “ A 1ª Impresión que causamos”, e o Modelo CANVAS como técnica para a busca de emprego xa que se poden analizar as fortalezas e logo realizar en base a eses datos un CV por Competencias. As Dinámicas Grupais son cada vez máis empregadas nos procesos de selección.

Clara Isabel León  achéganos o Storify da sesión, podes consultalo aquí

Por iso é esencial facer unha procura de información para coñecer os postos de traballo existentes, os potenciais xeradores de ocupación e as características principais que definen cada unha das ocupacións. Estes coñecementos sérvenlle á persoa para facerse unha idea sobre cales son as esixencias das empresas en relación a un determinado posto de traballo, para ver en que medida a persoa se axusta ao mesmo e en que medida o posto se adecúa ás súas necesidades e intereses.

Os pasos para guiar á persoa nunha procura de de información eficiente son os seguintes:
  • Listar fontes onde buscar información, como por exemplo, Ofertas laborais, Certificados de profesionalidade, Fichas profesionais, Contactos profesionais, Visitas a colexios profesionais, Prácticas prelaborais en postos comúns ou novas ocupacións, … Servizo Vasco de Emprego (Lanbide) 
  • Selección da información máis significativa e pertinente (descrición da ocupación, funcións e tarefas, espazos onde se realiza a ocupación, formación e certificados, idiomas e informática, competencias técnicas, profesionais e de base, tecnoloxías ou ferramentas utilizadas, outras ocupacións  relacionadas e as condicións laborais respecto á oferta salarial, tipos de xornada, contratación, condicións de traballo etc.
  • Valorar os intereses e motivacións das persoas usuarias, xa que este tipo de valoracións facilitará a toma de decisións.
  • Análise funcional e transferencia de competencias, de xeito que a persoa non só quede cos requisitos básicos da oferta, senón que profunde nas competencias laborais que ten que poñer en xogo no posto de traballo.

Rematamos este tema coa prospección empresarial como ferramenta básica que permite á/s entidade/s:
  • Mellorar o coñecemento da realidade empresarial e das empresas, detectando necesidades e identificando boas prácticas, xa que contribúe a unha mellora da calidade e a competitividade.
  • Estudar a incidencia e consecuencias, no emprego e a formación, de cambios tecnolóxicos, organizativos ou doutro tipo.
  • Contribuír á toma de decisións en canto ás políticas activas de emprego e informar as empresas.
No caso das empresas, a prospección achega:
  • Coñecemento dos recursos humanos dispoñibles e de todas aquelas medidas de apoio ao desenvolvemento e promoción empresarial.
  • Detección das necesidades cuantitativas e cualitativas de novos postos de traballo, de reconversión ou adaptación e doutras relacionadas coa xestión empresarial.
  • Determinación das actividades e tarefas a desenvolver dentro de cada posto, descrición e identificación de postos de traballo
  • Identificación de perfís profesionais baseados nas competencias esixibles.

Para esta parte do tema tivemos que elaborar e presentar un traballo grupal de prospección.

Tema 8: Técnicas e ferramentas para o acceso ao emprego e a autoemprego.


Unha vez que a persoa xa ten o seu obxectivo laboral definido, o obxectivo principal das técnicas e ferramentas de acceso ao emprego é que coñeza os instrumentos e adquira as habilidades necesarias que lle posibiliten realizar unha procura de emprego de forma activa, organizada e planificada, así como dispoñer dos recursos básicos para afrontar os procesos de selección con maiores posibilidades de éxito.

Existen diferentes metodoloxías e accións para difundir estas técnicas e ferramentas, en función dos programas e os servizos que os executan. Poden ser tratadas de forma individual ou grupal.

Para alcanzar o obxectivo é imprescindible coñecer as distintas fases dos procesos de selección dende a perspectiva da persoa candidata e da empresa, como podemos ver no seguinte fluxograma:




As canles polas que circulan as ofertas de traballo poden ser moi variadas e deben ser coñecidas e empregadas en función do perfil profesional das persoas: Bolsas de traballo, portais de emprego, prensa, convocatorias, intermediación, autocandidatura, networking. Por iso é importante dispoñer dun resumo.

A ferramenta fundamental na procura de emprego é o CV que consta de apartados comúns(datos persoais, experiencia, idiomas, informática) e apartados opcionais (obxectivo laboral, competencias, referencias, logros, publicacións, etc.). que debe seguir a estratexia de márqueting persoal AIDA.

Hay diversos modelos pero cada persoa debe crear a súa propia ferramenta: que podes consultar aquí.

Hai tipos de currículos que se están a utilizar dentro da estratexia do márqueting persoal pero noutros casos pódese implantar para dar resposta a unha nova necesidade como son o currículo cego como iniciativa gubernamental para evitar a discriminación  ou ben o Currículo Europass: Para aquelas persoas que queiran ampliar posibilidades e buscar ofertas no Espazo Económico Europeo, existe o formato Europass, cuxa utilización se estableceu na Decisión número 2241/2001/CE do Parlamento Europeo e do Consello do 15 de decembro de 2004, relativa a un marco comunitario único para a transparencia das cualificacións e competencias.

Outras ferramentas máis innovadoras son:

O currículo creativo, Ferramentas con soporte 2.0 ou o videocurrículo.

Outras ferramentas nos procesos de selección son as cartas de presentación, de seguimento e de agradecemento.

A entrevista, que pode adoptar diferentes formas e tipoloxías, é unha ferramenta decisiva nos procesos de selección: entrevista curricular ou entrevista por competencias.

Os diferentes tipos de probas de selección pretenden avaliar coñecementos ou competencias e poden ser orais, escritas, online, individuais, colectivas, profesionais, de cultura xeral, motivacionais, test de personalidade,  análises grafolóxicos, assestment center, dinámicas de grupos e a xestión de contactos...
Remata o tema cos recursos para o autoemprego mencionando o asesoramento a través do IGAPE, asesoría virtual de Cooperativas, asesoría virtual de sociedades laborais, a rede eusumo ou a oficina do empregador.

Tema 9: A Elaboración do Plan de Empresa.


A función do persoal orientador de asesorar a persoas emprendedoras que queren acceder ao mercado mediante o autoemprego e a creación dunha empresa é cada vez máis frecuente.

Un Plan de Empresa é un documento onde a persoa emprendedora consegue darlle forma á idea ou concepto inicial co que vai pór en marcha a súa propia empresa; onde reflexiona e plasma as cuestións máis importantes e significativas da posta en marcha e funcionamento do seu proxecto de nova empresa. De gran utilidade, supón un esforzo, moito tempo e dedicación debendo ser considrado o 1º investimento do que se vai obter grande rendibilidade; e un traballo moi persoal e, polo tanto, con moitas e variadas formas de elaborarse e presentarse.

O desenvolvemento deste tema foi eminentemente práctico; en base á elaboración do plan de empresa abreviado da Escuela de Buceo MASTERSUB GOLFO ÁRTABRO, CTA, elaboramos e presentamos o noso propio plan de empresa abreviado.

A política de prezos é un punto clave para o éxito do negocio: 





Valoración persoal do módulo 3.

A miña valoración do 3º módulo é positiva xa que o seu desenvolvemento foi eminentemente práctico e achegounos novidades respecto ás ferramentas a empregar na orientación laboral, como por exemplo os novos enfoques no deseño do CV, as estratexias de coñecemento do mercado a través da prospección ou as técnicas grupais nos procesos de selección. Para poder realizar as funcións que cada vez se nos piden en maior medida, como o asesoramento para o fomento do emprendemento, é necesario revisar as ferramentas clásicas e adoptar tamén novos métodos, como o método CANVAS ou ampliar coñecementos acerca da fiscalidade, mercadotecnia ou política de prezos.





sábado, 7 de octubre de 2017



RESUMO PRIMEIRO MÓDULO #CPOLAB17


Calquera tipo de mercado estrutúrase sempre pola converxencia de dous feitos: a oferta e a demanda.


Tema 1. "Actualización do mercado laboral"

Para a abordaxe deste tema é importante ter en conta:

  1. Elementos do mercado de traballo (oferta - demanda), o seu equilibrio e as causas e efectos do paro 
  2. Indicadores do mercado (EPA
  3. Tipos de desemprego, normativa laboral, xacementos de emprego e perfiís profesionais 
  4. Instrumentos que estudan o mercado de traballo (Observatorio Ocupacional SEPE, Observatorio Ocupacional SPEG, Observatorio Europeo do Emprego (OEE), Prospección do mercado de traballo 
  5. Posibilidades de emprego: autoemprego, emprego conta allea (AAPP, empresa privada (clasificación das empresas segundo o seu tamaño, actividade, forma xurídica) 
  6. Axudas e subvencións 

O equilibrio no mercado de traballo vén determinado polo punto de cruzamento da curva da oferta e da demanda.

Dúas das principais escolas de pensamento económico, a escola clásica e a escola keynesiana, discrepan sobre cal é a situación na que se atopa habitualmente este mercado:

Segundo a escola clásica o mercado de traballo está sempre en situación de pleno emprego. Isto débese a que os salarios son sensibles á baixa: se hai desemprego os salarios tenden a baixar (os parados estarán dispostos a traballar por menos diñeiro). Esta diminución dos soldos leva ás empresas a contratar máis man de obra, facendo que o paro desapareza.

Segundo os keynesianos, o mercado de traballo non está sempre en situación de pleno emprego, senón que pode existir paro. Isto explícase porque os salarios a curto prazo son ríxidos á baixa: aínda que haxa desemprego os sindicatos non van aceptar unha baixada de soldos o que impedirá que aumente a demanda de traballo.

O punto de equilibrio no mercado de traballo determinará o número de persoas que van participar no proceso produtivo.


Tema 2.- "A iniciativa emprendedora como forma de acceso ao mercado laboral"


A transformación lograda nos países máis emprendedores e o éxito no fomento da creación de empresas baseouse en lograr que se concibise o emprendemento como unha disciplina metodolóxica e como un valor cultural da sociedade. O resultado foi a aparición dunha xeración de novas persoas emprendedoras que transformou a estrutura económica e social o seu país.

Os aspectos a ter en conta son:

  1. Beneficios sociais do emprendemento 
  2. Emprendemento social 
  3. Proceso de creación de empresas (modelo CANVAS, plan de empresa) 
  4. Orientación e asesoramento aos emprendedores 

O modelo CANVAS é unha ferramenta moi práctica e intuitiva para valorar la creación dunha empresa, que permite elaborar o modelo de negocio e validar as posibilidades de éxito da mesma.




É importante elaborar un plan de empresa para darlle forma a unha idea, planificar a estratexia e coñecer a viabilidade do proxecto na creación da empresa.


Tema 3.- "Actualización do marco de referencia da orientación laboral aberta"


A orientación laboral lévase a cabo desde:

  1. Diferentes AAPP e órganos con competencia en materia de emprego: SEPE, SPEG
  2. Diferentes plans de emprego en España
  3. Diferentes plans de emprego en Europa

As competencias de emprego repártense da seguinte forma: 

  • Lexislación laboral, bases e planificación xeral da actividade económica: EXCLUSIVA DO ESTADO. 
  • Políticas Pasivas de Emprego (todo o referente ás prestacións e subsidios por desemprego…): EXCLUSIVA DO ESTADO. 
  • O desenvolvemento e execución das Políticas Activas de Emprego: COMPETENCIA TRANSFERIDA A GALICIA DESDE O ANO 1997. 

O SEPE, xunto cos Servizos Públicos de Emprego das Comunidades Autónomas, forman o Sistema Nacional de Emprego. Desde esta estrutura estatal se promoven, deseñan e desenvolven medidas e accións para o emprego, cuxa execución é descentralizada, axustada ás diferentes realidades territoriais.

Este novo enfoque estratéxico da política de emprego precísase porque “ha de procurarse un mellor encaixe entre a competencia normativa das políticas activas de emprego, que corresponde ao Estado, coa da súa execución, que corresponde ás Comunidades Autónomas, preservando, ao mesmo tempo, a unidade na atención das persoas en situación de desemprego”. 

Así mesmo, configúrase como o marco normativo para a coordinación e execución das políticas activas de emprego no conxunto do Estado; conceptualmente, constitúe o marco para a determinación de obxectivos comúns e a consecución dun conxunto de medios orientados cara á eficacia e a eficiencia das políticas a favor do emprego. 

A mellora da vertebración e a eficiencia da política de emprego e de funcionamento do Sistema Nacional de Emprego require dous instrumentos concretos previstos no marco legal: Un Catálogo de servizos comúns e unha estratexia compartida, que marque os obxectivos a conseguir. Dita estratexia queda denominada na nova lexislación como Estratexia Española de Emprego.



A Estratexia Europea de Emprego (EEE) constitúe un programa anual de planificación, seguimento, exame e axuste das políticas dos Estados membros con obxecto de coordinar os instrumentos que estes utilizan para combater o desemprego. A Estratexia articúlase ao redor dos instrumentos: 

  • Directrices de emprego: prioridades comúns que establece a Comisión para as políticas de emprego dos Estados membros;
  • Plans nacionais de acción para o emprego (PNA): aplicación nacional das orientacións comúns; 
  • Informe conxunto sobre o emprego: síntese dos plans nacionais de acción, que serve de base para a elaboración das directrices do ano seguinte; 
  • Recomendacións: adopción no Consello, por maioría cualificada; 
  • Recomendacións específicas para cada país.

Para saber máis:



domingo, 1 de octubre de 2017

SESIÓN 30 /09 /2017 ORIENTACIÓN E Web 2.0


DINAMIZACIÓN DUN ESPAZO SOCIAL 


No día de hoxe, CarlosParada  propón a actividade que consiste en dinamizar un espazo social ao modo do que o fariamos nun entorno laboral.





As preguntas clave  antes de iniciar ...
  1. A quen vai dirixido , que colectivo nos interesa que vexa a información?
  2. Cales son as necesidades de información? Información , recursos , guías?
  3. En que espazo?
Tipos de axudas,  viveiros de empresas, tipo de sectores onde existe movemento de desenvolvemento ou innovación,  grupos con intereses comúns (agrario , tecnolóxico...) todo dependerá da resposta ás preguntas anteriores .

En resposta á terceira pregunta, existen numerosas ferramentas a elixir de entre as que destacaremos as seguintes:

FACEBOOK: 
  1. Marcado compoñente lúdico que debemos ter en conta á hora de divulgar información, plantear dinámicas ou darlle publicidade aos servizos/productos .
  2. Reservado a persoas. A información pasa por un perfil persoal (como persoas individuais, grupos ao redor dunha temática ou como empresa) e  debemos ter moi en conta a responsabilidade penal. Por exemplo; nun concello é recomendable  que exista un responsable e despois establecer administradores que publican información.
Nesta  ligazón podes consultar  información sobre o uso de Facebook para estos fins.


TWITTERAo longo do curso utilizamos esta ferramenta de microblogging para dinamizar esta rede. Twitter anuncia que incrementará os caracteres disponibles , podes consultar as novidades nesta ligazón.


GOOGLE+: Trátase da  competencia directa de facebook a nivel profesional. Define círculos fronte aos grupos de facebook. e reserva un espazo para profesionais con idéntico sistema de perfil persoal. 
Esta ligazón, define os tipos de perfís que poden existir e como xestionalos, como todo, é cuestión do uso que queiras darlle.

PINTEREST: Un marcado componente visual define a pinterest. É un corcho de imaxes dixitais baseada casi na sua totalidade en imaxes, na linea de Fotolog, Tumblr e outras. A comunicación entre usuarios é moi sinxela e consiste nunhas poucas accións, polo que non se trata dun sustituto de facebook. As marcas están moi presentes en Pinterest ( coleccións de roupa, marcas de coches ...)





LINKEDIN: De idéntico xeito que as anteriores ferramentas, Linkedin establece unha participación a nivel persoal ou de empresa. Trátase dunha ferramenta especializada no  ámbito do emprego , podes darte a coñecer e establece dinámicas para contactos profesionais .

Permite subir creacións profesionais ( evidencias ) para contextualizar ou traballo realizado .
Os Grupos permítennos informarnos e intercambiar ofertas de emprego (o mercado oculto) e por suposto participar.

Como xestionar os nosos contactos en Linkedin, aceptamos a todo o mundo? Eliminamos contactos?  Ábrese  o debate en  #CPOLAB17 sobre as boas prácticas profesionais.


Existen moitas ferramentas para dinamizar espazos na rede , neste video podes ver as máis importantes
.



Son as 11.27 , e agora? Acaban de facernos o seguinte encargo ; dinamiza o teu departamento.

  1. Público?:  persoas interesadas na orientación para ou emprego .
  2. Temas?: Emprego Público, Normativa, Mercado Laboral (nichos de emprego , novas profesións), convocatorias, fontes de ofertas , formación para o emprego ...
  3.  En que espazo? : Pinterest, Linkedin ou Twitter.
 Dividímonos en grupos de 3 integrantes cunha regra  "dous por un"  (cando fagamos unha publicación temos que establecer  referencias ás aportacións doutros/as compañeiros/as).

Linkedin será a nosa ferramenta e inplementamos un calendario de planificación para organizar a dinamización. Tamén se rexistrará nun  caderno de bitácora, sobre que facer e cando coa data, título da entrada,  publicación ou comentario e ligazón directa a esa publicación . 

Eliximos temas para a dinamización en Linkedin no grupo Orientación Galicia , logo de debate as seguintes materias "Redes Sociais e Emprego", "Mercado Laboral" e "Formación".

 Vémonos nas redes¡






sábado, 9 de septiembre de 2017

PRESENTACIÓN PROFESIONAL 3mleiva


Soy Marta Méndez.

Química de formación. Mujer moderna y comprometida.

Creativa, buscadora de soluciones e innovadora por naturaleza, Aceleradora de la Mejora Continua Empresarial y Personal Efectivas.

Comenzamos!



Mejora Continua







Puedes consultar mi perfil en Twitter @3mleiva



Marco Instrumental Orientación Ilda_Mera

Resumo do 3º módulo: marco instrumental para a orientación O curso ponte deste posgrao 2017 remata co bloque instrumental das tarefas e...