sábado, 7 de octubre de 2017



RESUMO PRIMEIRO MÓDULO #CPOLAB17


Calquera tipo de mercado estrutúrase sempre pola converxencia de dous feitos: a oferta e a demanda.


Tema 1. "Actualización do mercado laboral"

Para a abordaxe deste tema é importante ter en conta:

  1. Elementos do mercado de traballo (oferta - demanda), o seu equilibrio e as causas e efectos do paro 
  2. Indicadores do mercado (EPA
  3. Tipos de desemprego, normativa laboral, xacementos de emprego e perfiís profesionais 
  4. Instrumentos que estudan o mercado de traballo (Observatorio Ocupacional SEPE, Observatorio Ocupacional SPEG, Observatorio Europeo do Emprego (OEE), Prospección do mercado de traballo 
  5. Posibilidades de emprego: autoemprego, emprego conta allea (AAPP, empresa privada (clasificación das empresas segundo o seu tamaño, actividade, forma xurídica) 
  6. Axudas e subvencións 

O equilibrio no mercado de traballo vén determinado polo punto de cruzamento da curva da oferta e da demanda.

Dúas das principais escolas de pensamento económico, a escola clásica e a escola keynesiana, discrepan sobre cal é a situación na que se atopa habitualmente este mercado:

Segundo a escola clásica o mercado de traballo está sempre en situación de pleno emprego. Isto débese a que os salarios son sensibles á baixa: se hai desemprego os salarios tenden a baixar (os parados estarán dispostos a traballar por menos diñeiro). Esta diminución dos soldos leva ás empresas a contratar máis man de obra, facendo que o paro desapareza.

Segundo os keynesianos, o mercado de traballo non está sempre en situación de pleno emprego, senón que pode existir paro. Isto explícase porque os salarios a curto prazo son ríxidos á baixa: aínda que haxa desemprego os sindicatos non van aceptar unha baixada de soldos o que impedirá que aumente a demanda de traballo.

O punto de equilibrio no mercado de traballo determinará o número de persoas que van participar no proceso produtivo.


Tema 2.- "A iniciativa emprendedora como forma de acceso ao mercado laboral"


A transformación lograda nos países máis emprendedores e o éxito no fomento da creación de empresas baseouse en lograr que se concibise o emprendemento como unha disciplina metodolóxica e como un valor cultural da sociedade. O resultado foi a aparición dunha xeración de novas persoas emprendedoras que transformou a estrutura económica e social o seu país.

Os aspectos a ter en conta son:

  1. Beneficios sociais do emprendemento 
  2. Emprendemento social 
  3. Proceso de creación de empresas (modelo CANVAS, plan de empresa) 
  4. Orientación e asesoramento aos emprendedores 

O modelo CANVAS é unha ferramenta moi práctica e intuitiva para valorar la creación dunha empresa, que permite elaborar o modelo de negocio e validar as posibilidades de éxito da mesma.




É importante elaborar un plan de empresa para darlle forma a unha idea, planificar a estratexia e coñecer a viabilidade do proxecto na creación da empresa.


Tema 3.- "Actualización do marco de referencia da orientación laboral aberta"


A orientación laboral lévase a cabo desde:

  1. Diferentes AAPP e órganos con competencia en materia de emprego: SEPE, SPEG
  2. Diferentes plans de emprego en España
  3. Diferentes plans de emprego en Europa

As competencias de emprego repártense da seguinte forma: 

  • Lexislación laboral, bases e planificación xeral da actividade económica: EXCLUSIVA DO ESTADO. 
  • Políticas Pasivas de Emprego (todo o referente ás prestacións e subsidios por desemprego…): EXCLUSIVA DO ESTADO. 
  • O desenvolvemento e execución das Políticas Activas de Emprego: COMPETENCIA TRANSFERIDA A GALICIA DESDE O ANO 1997. 

O SEPE, xunto cos Servizos Públicos de Emprego das Comunidades Autónomas, forman o Sistema Nacional de Emprego. Desde esta estrutura estatal se promoven, deseñan e desenvolven medidas e accións para o emprego, cuxa execución é descentralizada, axustada ás diferentes realidades territoriais.

Este novo enfoque estratéxico da política de emprego precísase porque “ha de procurarse un mellor encaixe entre a competencia normativa das políticas activas de emprego, que corresponde ao Estado, coa da súa execución, que corresponde ás Comunidades Autónomas, preservando, ao mesmo tempo, a unidade na atención das persoas en situación de desemprego”. 

Así mesmo, configúrase como o marco normativo para a coordinación e execución das políticas activas de emprego no conxunto do Estado; conceptualmente, constitúe o marco para a determinación de obxectivos comúns e a consecución dun conxunto de medios orientados cara á eficacia e a eficiencia das políticas a favor do emprego. 

A mellora da vertebración e a eficiencia da política de emprego e de funcionamento do Sistema Nacional de Emprego require dous instrumentos concretos previstos no marco legal: Un Catálogo de servizos comúns e unha estratexia compartida, que marque os obxectivos a conseguir. Dita estratexia queda denominada na nova lexislación como Estratexia Española de Emprego.



A Estratexia Europea de Emprego (EEE) constitúe un programa anual de planificación, seguimento, exame e axuste das políticas dos Estados membros con obxecto de coordinar os instrumentos que estes utilizan para combater o desemprego. A Estratexia articúlase ao redor dos instrumentos: 

  • Directrices de emprego: prioridades comúns que establece a Comisión para as políticas de emprego dos Estados membros;
  • Plans nacionais de acción para o emprego (PNA): aplicación nacional das orientacións comúns; 
  • Informe conxunto sobre o emprego: síntese dos plans nacionais de acción, que serve de base para a elaboración das directrices do ano seguinte; 
  • Recomendacións: adopción no Consello, por maioría cualificada; 
  • Recomendacións específicas para cada país.

Para saber máis:



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

Marco Instrumental Orientación Ilda_Mera

Resumo do 3º módulo: marco instrumental para a orientación O curso ponte deste posgrao 2017 remata co bloque instrumental das tarefas e...