Resumo do 3º módulo: marco instrumental para a orientación
O curso ponte deste posgrao 2017 remata co bloque instrumental das tarefas e funcións a desempeñar, os recursos e técnicas empregados para a busca de emprego por conta propia e allea, así como os métodos a empregar polo persoal técnico que traballa na orientación laboral.
Tema 7: Análise de perfís profesionais e prospección de emprego
É esencial dispoñer dun amplo abano de información e recursos para facilitar un asesoramento adecuado segundo o tipo de persoa usuaria do noso servizo. A función do asesoramento é dar as ferramentas necesarias para que a persoa aprenda a identificar que información necesita e poida mobilizar os recursos e mecanismos adecuados para conseguila. Segundo o seu nivel de autonomía, o/a orientador/a pode facer un acompañamento na consecución desta fase de procura de información, ou simplemente titorizar o proceso e poñer en común os resultados obtidos:
Neste tema tratamos tamén na clase presencial as dinámicas grupais máis comúns (foro, debate, mesa redonda, panel, tormenta de ideas) para mellorar habilidades de observación, capacidadede síntese, etc. das persoas orientadas.
A nosa docente Mayte Deus presentou dúas dinámicas adaptadas, unha para mellorar a empregabilidade: “ A 1ª Impresión que causamos”, e o Modelo CANVAS como técnica para a busca de emprego xa que se poden analizar as fortalezas e logo realizar en base a eses datos un CV por Competencias. As Dinámicas Grupais son cada vez máis empregadas nos procesos de selección.
Clara Isabel León achéganos o Storify da sesión, podes consultalo aquí
Para esta parte do tema tivemos que elaborar e presentar un traballo grupal de prospección.
As canles polas que circulan as ofertas de traballo poden ser moi variadas e deben ser coñecidas e empregadas en función do perfil profesional das persoas: Bolsas de traballo, portais de emprego, prensa, convocatorias, intermediación, autocandidatura, networking. Por iso é importante dispoñer dun resumo.
Outras ferramentas máis innovadoras son:
O currículo creativo, Ferramentas con soporte 2.0 ou o videocurrículo.
Fichasdo mercado laboral galego 2017. Instituto Galego dasCualificacións
Catálogo Nacional das Cualificacións Profesionais (CNCP)
Clara Isabel León achéganos o Storify da sesión, podes consultalo aquí
Por iso é esencial facer unha procura de información para coñecer os postos de traballo existentes, os potenciais xeradores de ocupación e as características principais que definen cada unha das ocupacións. Estes coñecementos sérvenlle á persoa para facerse unha idea sobre cales son as esixencias das empresas en relación a un determinado posto de traballo, para ver en que medida a persoa se axusta ao mesmo e en que medida o posto se adecúa ás súas necesidades e intereses.
Os pasos para guiar á persoa nunha procura de de información eficiente son os seguintes:
- Listar fontes onde buscar información, como por exemplo, Ofertas laborais, Certificados de profesionalidade, Fichas profesionais, Contactos profesionais, Visitas a colexios profesionais, Prácticas prelaborais en postos comúns ou novas ocupacións, … Servizo Vasco de Emprego (Lanbide)
- Selección da información máis significativa e pertinente (descrición da ocupación, funcións e tarefas, espazos onde se realiza a ocupación, formación e certificados, idiomas e informática, competencias técnicas, profesionais e de base, tecnoloxías ou ferramentas utilizadas, outras ocupacións relacionadas e as condicións laborais respecto á oferta salarial, tipos de xornada, contratación, condicións de traballo etc.
- Valorar os intereses e motivacións das persoas usuarias, xa que este tipo de valoracións facilitará a toma de decisións.
- Análise funcional e transferencia de competencias, de xeito que a persoa non só quede cos requisitos básicos da oferta, senón que profunde nas competencias laborais que ten que poñer en xogo no posto de traballo.
Rematamos este tema coa prospección empresarial como ferramenta básica que permite á/s entidade/s:
- Mellorar o coñecemento da realidade empresarial e das empresas, detectando necesidades e identificando boas prácticas, xa que contribúe a unha mellora da calidade e a competitividade.
- Estudar a incidencia e consecuencias, no emprego e a formación, de cambios tecnolóxicos, organizativos ou doutro tipo.
- Contribuír á toma de decisións en canto ás políticas activas de emprego e informar as empresas.
- Coñecemento dos recursos humanos dispoñibles e de todas aquelas medidas de apoio ao desenvolvemento e promoción empresarial.
- Detección das necesidades cuantitativas e cualitativas de novos postos de traballo, de reconversión ou adaptación e doutras relacionadas coa xestión empresarial.
- Determinación das actividades e tarefas a desenvolver dentro de cada posto, descrición e identificación de postos de traballo
- Identificación de perfís profesionais baseados nas competencias esixibles.
Para esta parte do tema tivemos que elaborar e presentar un traballo grupal de prospección.
Tema 8: Técnicas e ferramentas para o acceso ao emprego e a autoemprego.
Unha vez que a persoa xa ten o seu obxectivo laboral definido, o obxectivo principal das técnicas e ferramentas de acceso ao emprego é que coñeza os instrumentos e adquira as habilidades necesarias que lle posibiliten realizar unha procura de emprego de forma activa, organizada e planificada, así como dispoñer dos recursos básicos para afrontar os procesos de selección con maiores posibilidades de éxito.
Existen diferentes metodoloxías e accións para difundir estas técnicas e ferramentas, en función dos programas e os servizos que os executan. Poden ser tratadas de forma individual ou grupal.
Para alcanzar o obxectivo é imprescindible coñecer as distintas fases dos procesos de selección dende a perspectiva da persoa candidata e da empresa, como podemos ver no seguinte fluxograma:
As canles polas que circulan as ofertas de traballo poden ser moi variadas e deben ser coñecidas e empregadas en función do perfil profesional das persoas: Bolsas de traballo, portais de emprego, prensa, convocatorias, intermediación, autocandidatura, networking. Por iso é importante dispoñer dun resumo.
A ferramenta fundamental na procura de emprego é o CV que consta de apartados comúns(datos persoais, experiencia, idiomas, informática) e apartados opcionais (obxectivo laboral, competencias, referencias, logros, publicacións, etc.). que debe seguir a estratexia de márqueting persoal AIDA.
Hay diversos modelos pero cada persoa debe crear a súa propia ferramenta: que podes consultar aquí.
Hai tipos de currículos que se están a utilizar dentro da estratexia do márqueting persoal pero noutros casos pódese implantar para dar resposta a unha nova necesidade como son o currículo cego como iniciativa gubernamental para evitar a discriminación ou ben o Currículo Europass: Para aquelas persoas que queiran ampliar posibilidades e buscar ofertas no Espazo Económico Europeo, existe o formato Europass, cuxa utilización se estableceu na Decisión número 2241/2001/CE do Parlamento Europeo e do Consello do 15 de decembro de 2004, relativa a un marco comunitario único para a transparencia das cualificacións e competencias.
Outras ferramentas máis innovadoras son:
O currículo creativo, Ferramentas con soporte 2.0 ou o videocurrículo.
Outras ferramentas nos procesos de selección son as cartas de presentación, de seguimento e de agradecemento.
A entrevista, que pode adoptar diferentes formas e tipoloxías, é unha ferramenta decisiva nos procesos de selección: entrevista curricular ou entrevista por competencias.
Os diferentes tipos de probas de selección pretenden avaliar coñecementos ou competencias e poden ser orais, escritas, online, individuais, colectivas, profesionais, de cultura xeral, motivacionais, test de personalidade, análises grafolóxicos, assestment center, dinámicas de grupos e a xestión de contactos...
Remata o tema cos recursos para o autoemprego mencionando o asesoramento a través do IGAPE, asesoría virtual de Cooperativas, asesoría virtual de sociedades laborais, a rede eusumo ou a oficina do empregador.
Tema 9: A Elaboración do Plan de Empresa.
A
función do persoal orientador de asesorar a persoas emprendedoras
que queren acceder ao mercado mediante o autoemprego e a creación
dunha empresa é cada vez máis frecuente.
Un
Plan de Empresa é un documento onde a persoa emprendedora consegue
darlle forma á idea ou concepto inicial co que vai pór en marcha a
súa propia empresa; onde reflexiona e plasma as cuestións máis
importantes e significativas da posta en marcha e funcionamento do
seu proxecto de nova empresa. De gran utilidade, supón un esforzo,
moito tempo e dedicación debendo ser considrado o 1º investimento
do que se vai obter grande rendibilidade; e un traballo moi persoal
e, polo tanto, con moitas e variadas formas de elaborarse e
presentarse.
O
desenvolvemento deste tema foi eminentemente práctico; en
base á elaboración do plan de empresa abreviado da Escuela de Buceo
MASTERSUB GOLFO ÁRTABRO, CTA, elaboramos e presentamos o noso propio
plan de empresa abreviado.
A
política de prezos é un punto clave para o éxito do negocio:
Valoración
persoal do módulo 3.
A
miña valoración do 3º módulo é positiva xa que o seu
desenvolvemento foi eminentemente práctico e achegounos novidades
respecto ás ferramentas a empregar na orientación laboral, como
por exemplo os novos enfoques no deseño do CV, as estratexias de
coñecemento do mercado a través da prospección ou as técnicas
grupais nos procesos de selección. Para poder realizar as funcións
que cada vez se nos piden en maior medida, como o asesoramento para o
fomento do emprendemento, é necesario revisar as ferramentas
clásicas e adoptar tamén novos métodos, como o método CANVAS ou
ampliar coñecementos acerca da fiscalidade, mercadotecnia ou
política de prezos.
Fichasdo mercado laboral galego 2017. Instituto Galego dasCualificacións
Catálogo Nacional das Cualificacións Profesionais (CNCP)
Descárgategratis cinco planes de empresa elaborados con la colaboración deexpertos en creación de empresas de distintos puntos de España
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.