Mostrando entradas con la etiqueta coaching. empleo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta coaching. empleo. Mostrar todas las entradas

martes, 24 de octubre de 2017

Marco Instrumental Orientación Ilda_Mera


Resumo do 3º módulo: marco instrumental para a orientación

O curso ponte deste posgrao 2017 remata co bloque instrumental das tarefas e funcións a desempeñar, os recursos e técnicas empregados para a busca de emprego por conta propia e allea, así como os métodos a empregar polo persoal técnico que traballa na orientación laboral.

O módulo está dividido en 3 temas:

Tema 7: Análise de perfís profesionais e prospección de emprego


É esencial dispoñer dun amplo abano de información e recursos para facilitar un asesoramento adecuado segundo o tipo de persoa usuaria do noso servizo. A función do asesoramento é dar as ferramentas necesarias para que a persoa aprenda a identificar que información necesita e poida mobilizar os recursos e mecanismos adecuados para conseguila. Segundo o seu nivel de autonomía, o/a orientador/a pode facer un acompañamento na consecución desta fase de procura de información, ou simplemente titorizar o proceso e poñer en común os resultados obtidos:




Neste tema tratamos tamén na clase presencial as dinámicas grupais máis comúns (foro, debate, mesa redonda, panel, tormenta de ideas) para mellorar habilidades de observación, capacidadede síntese, etc. das persoas orientadas.

A nosa docente Mayte Deus presentou dúas dinámicas adaptadas, unha para mellorar a empregabilidade: “ A 1ª Impresión que causamos”, e o Modelo CANVAS como técnica para a busca de emprego xa que se poden analizar as fortalezas e logo realizar en base a eses datos un CV por Competencias. As Dinámicas Grupais son cada vez máis empregadas nos procesos de selección.

Clara Isabel León  achéganos o Storify da sesión, podes consultalo aquí

Por iso é esencial facer unha procura de información para coñecer os postos de traballo existentes, os potenciais xeradores de ocupación e as características principais que definen cada unha das ocupacións. Estes coñecementos sérvenlle á persoa para facerse unha idea sobre cales son as esixencias das empresas en relación a un determinado posto de traballo, para ver en que medida a persoa se axusta ao mesmo e en que medida o posto se adecúa ás súas necesidades e intereses.

Os pasos para guiar á persoa nunha procura de de información eficiente son os seguintes:
  • Listar fontes onde buscar información, como por exemplo, Ofertas laborais, Certificados de profesionalidade, Fichas profesionais, Contactos profesionais, Visitas a colexios profesionais, Prácticas prelaborais en postos comúns ou novas ocupacións, … Servizo Vasco de Emprego (Lanbide) 
  • Selección da información máis significativa e pertinente (descrición da ocupación, funcións e tarefas, espazos onde se realiza a ocupación, formación e certificados, idiomas e informática, competencias técnicas, profesionais e de base, tecnoloxías ou ferramentas utilizadas, outras ocupacións  relacionadas e as condicións laborais respecto á oferta salarial, tipos de xornada, contratación, condicións de traballo etc.
  • Valorar os intereses e motivacións das persoas usuarias, xa que este tipo de valoracións facilitará a toma de decisións.
  • Análise funcional e transferencia de competencias, de xeito que a persoa non só quede cos requisitos básicos da oferta, senón que profunde nas competencias laborais que ten que poñer en xogo no posto de traballo.

Rematamos este tema coa prospección empresarial como ferramenta básica que permite á/s entidade/s:
  • Mellorar o coñecemento da realidade empresarial e das empresas, detectando necesidades e identificando boas prácticas, xa que contribúe a unha mellora da calidade e a competitividade.
  • Estudar a incidencia e consecuencias, no emprego e a formación, de cambios tecnolóxicos, organizativos ou doutro tipo.
  • Contribuír á toma de decisións en canto ás políticas activas de emprego e informar as empresas.
No caso das empresas, a prospección achega:
  • Coñecemento dos recursos humanos dispoñibles e de todas aquelas medidas de apoio ao desenvolvemento e promoción empresarial.
  • Detección das necesidades cuantitativas e cualitativas de novos postos de traballo, de reconversión ou adaptación e doutras relacionadas coa xestión empresarial.
  • Determinación das actividades e tarefas a desenvolver dentro de cada posto, descrición e identificación de postos de traballo
  • Identificación de perfís profesionais baseados nas competencias esixibles.

Para esta parte do tema tivemos que elaborar e presentar un traballo grupal de prospección.

Tema 8: Técnicas e ferramentas para o acceso ao emprego e a autoemprego.


Unha vez que a persoa xa ten o seu obxectivo laboral definido, o obxectivo principal das técnicas e ferramentas de acceso ao emprego é que coñeza os instrumentos e adquira as habilidades necesarias que lle posibiliten realizar unha procura de emprego de forma activa, organizada e planificada, así como dispoñer dos recursos básicos para afrontar os procesos de selección con maiores posibilidades de éxito.

Existen diferentes metodoloxías e accións para difundir estas técnicas e ferramentas, en función dos programas e os servizos que os executan. Poden ser tratadas de forma individual ou grupal.

Para alcanzar o obxectivo é imprescindible coñecer as distintas fases dos procesos de selección dende a perspectiva da persoa candidata e da empresa, como podemos ver no seguinte fluxograma:




As canles polas que circulan as ofertas de traballo poden ser moi variadas e deben ser coñecidas e empregadas en función do perfil profesional das persoas: Bolsas de traballo, portais de emprego, prensa, convocatorias, intermediación, autocandidatura, networking. Por iso é importante dispoñer dun resumo.

A ferramenta fundamental na procura de emprego é o CV que consta de apartados comúns(datos persoais, experiencia, idiomas, informática) e apartados opcionais (obxectivo laboral, competencias, referencias, logros, publicacións, etc.). que debe seguir a estratexia de márqueting persoal AIDA.

Hay diversos modelos pero cada persoa debe crear a súa propia ferramenta: que podes consultar aquí.

Hai tipos de currículos que se están a utilizar dentro da estratexia do márqueting persoal pero noutros casos pódese implantar para dar resposta a unha nova necesidade como son o currículo cego como iniciativa gubernamental para evitar a discriminación  ou ben o Currículo Europass: Para aquelas persoas que queiran ampliar posibilidades e buscar ofertas no Espazo Económico Europeo, existe o formato Europass, cuxa utilización se estableceu na Decisión número 2241/2001/CE do Parlamento Europeo e do Consello do 15 de decembro de 2004, relativa a un marco comunitario único para a transparencia das cualificacións e competencias.

Outras ferramentas máis innovadoras son:

O currículo creativo, Ferramentas con soporte 2.0 ou o videocurrículo.

Outras ferramentas nos procesos de selección son as cartas de presentación, de seguimento e de agradecemento.

A entrevista, que pode adoptar diferentes formas e tipoloxías, é unha ferramenta decisiva nos procesos de selección: entrevista curricular ou entrevista por competencias.

Os diferentes tipos de probas de selección pretenden avaliar coñecementos ou competencias e poden ser orais, escritas, online, individuais, colectivas, profesionais, de cultura xeral, motivacionais, test de personalidade,  análises grafolóxicos, assestment center, dinámicas de grupos e a xestión de contactos...
Remata o tema cos recursos para o autoemprego mencionando o asesoramento a través do IGAPE, asesoría virtual de Cooperativas, asesoría virtual de sociedades laborais, a rede eusumo ou a oficina do empregador.

Tema 9: A Elaboración do Plan de Empresa.


A función do persoal orientador de asesorar a persoas emprendedoras que queren acceder ao mercado mediante o autoemprego e a creación dunha empresa é cada vez máis frecuente.

Un Plan de Empresa é un documento onde a persoa emprendedora consegue darlle forma á idea ou concepto inicial co que vai pór en marcha a súa propia empresa; onde reflexiona e plasma as cuestións máis importantes e significativas da posta en marcha e funcionamento do seu proxecto de nova empresa. De gran utilidade, supón un esforzo, moito tempo e dedicación debendo ser considrado o 1º investimento do que se vai obter grande rendibilidade; e un traballo moi persoal e, polo tanto, con moitas e variadas formas de elaborarse e presentarse.

O desenvolvemento deste tema foi eminentemente práctico; en base á elaboración do plan de empresa abreviado da Escuela de Buceo MASTERSUB GOLFO ÁRTABRO, CTA, elaboramos e presentamos o noso propio plan de empresa abreviado.

A política de prezos é un punto clave para o éxito do negocio: 





Valoración persoal do módulo 3.

A miña valoración do 3º módulo é positiva xa que o seu desenvolvemento foi eminentemente práctico e achegounos novidades respecto ás ferramentas a empregar na orientación laboral, como por exemplo os novos enfoques no deseño do CV, as estratexias de coñecemento do mercado a través da prospección ou as técnicas grupais nos procesos de selección. Para poder realizar as funcións que cada vez se nos piden en maior medida, como o asesoramento para o fomento do emprendemento, é necesario revisar as ferramentas clásicas e adoptar tamén novos métodos, como o método CANVAS ou ampliar coñecementos acerca da fiscalidade, mercadotecnia ou política de prezos.





miércoles, 18 de octubre de 2017



PROSPECCIÓN DE EMPRESAS    #CPOLAB17
Módulo 2 – Intermediación laboral e prospección de empresas [07/10/2017]


Intensa sesión o día 7 de outubro que inicia con un debate sobre oportunidades de emprego no futuro próximo dentro do campo.

Neste contexto aparecen dubidas e peticións de información sobre distintos contidos xa avanzados como por exemplo: utilidades para curación de contidos, currículum por compentencias...

Entrando en "faena", Mayte  incide na importancia da prospección aplicada a intermediación laboral e na necesidade de incorporala como un elemento con  utilidade en moitos sentidos para a consecución de obxetivos para @s usuari@s.


QUE É A PROSPECCIÓN ?

A prospección aplicada á intermediación laboral é “O proceso de aproximación que fan os servizos locais de ocupación cara o tecido empresarial, no marco do proceso de intermediación entre a oferta e a demanda de emprego, un proceso baseado na cooperación e consistente na detección de necesidades en materia de emprego“ (Definición da Rede Xaloc de Intermediación (Deputación de Barcelona), Cadernos de Fomento de Emprego).

A prospección é a acción de informar, asesorar e detectar necesidades das empresas, así como achegar solucións, ademais de sensibilizar ao empresariado sobre os colectivos obxecto de inserción laboral e das súas oportunidades como traballadores/as ou outros aspectos de interese para o desenvolvemento de actitudes de responsabilidade social (Definición que aparece no manual Prospección de Empresas, unha aproximación metodolóxica desde a Iniciativa Equal, editada pola Agrupación de Desenvolvemento Corredor Siderúrxico Espazo de Emprego e a Federación Asturiana de Empresarios (FADE)).


OBXECTIVOS DA PROSPECCIÓN DE EMPRESAS:


É útil facer prospección nas empresas para:

  1. Obter información do tecido produtivo do territorio: Perfiles profesionais, ocupación, necesidades formativas, outras necesidades, actividade, volume de facturación, políticas de responsabilidade social, número de traballadores, previsión de expansión… 
  2. Detectar necesidades de emprego, axustar a demanda á oferta de emprego e ás futuras necesidades do mercado de traballo. 
  3. Dar a coñecer (e ofrecer) os recursos e actividades do servizo de promoción económica, así como os recursos dispoñibles en materia de emprego 
  4. Promover a realización de programas, proxectos e actuacións de promoción da ocupación 
  5. Crear sinerxias entre as empresas 
  6. Captar empresas colaboradoras para levar a cabo as actuacións de promoción económica e dar resposta ás propias necesidades das empresas 
  7. Ofrecer asesoramento sobre programas, subvencións vixentes e recursos de ocupación en xeral (programas, contratación, formación, etc.,…) 
  8. Conseguir unha mellora cualitativa na incorporación dos traballadores e traballadoras no mercado de traballo 
  9. Favorecer a inserción laboral de colectivos vulnerables 
  10. Buscar alianzas para o deseño de itinerarios individuais de inserción 
  11. En definitiva, estimular a participación do tecido produtivo do territorio nos programas e proxectos dirixidos á promoción e mellora do emprego

A prospección require un proceso de preparación, para sacarlle o máximo partido ás entrevistas e xestionar o tempo o máis eficientemente posible . Contactar e ser atendidos por unha empresa supón un esforzo mutuo por ambas partes, a planificación axuda tanto a dar unha boa imaxe do noso servizo como para que a entidade confíe na carteira de servizos e aposte por ela.

FASES DO TRABALLO DA PERSOA PROSPECTORA

  1. Fase preparatoria
  2. Fase de planificación
  3. Fase de traballo de campo
  4. Fase de avaliación e seguimento


METODOLOXÍA A SEGUIR NA PROSPECCIÓN:



Cabe destacar que a etapa de toma de contacto coa empresa a través da entrevista inicial antes da visita é a máis importante.

Fixéronse varias simulacións desta "solicitude de entrevista inicial" en diferentes empresas na sesión:




Estas simulacións foron de moita axuda para realizar o traballo pendente donde , seguindo as tarefas iniciadas nas sesións anteriores temos ; por un lado , a elaboración do guión da entrevista e por outro, guionizar a entrevista mesma na empresa.

Existe un perfil de prospector@, unha serie de características que axudarán a convertil@ nun referente para a empresa : confidencialidade, sensibilidade cos colectivos vulnerables, amabilidade, resolución ... 

Finalmente, a tarefa de prospección non pode lograr como producto "queimar as empresas" , un seguemento e comunicación efectiva coas entidades será a mellor forma de conseguir unhas relacións adecuadas con beneficios para ambas partes.

O Storify da sesión a cargo de Tere atópase aloxado en:




PARA SABER MÁIS:



sábado, 9 de septiembre de 2017

PRESENTACIÓN PROFESIONAL 3mleiva


Soy Marta Méndez.

Química de formación. Mujer moderna y comprometida.

Creativa, buscadora de soluciones e innovadora por naturaleza, Aceleradora de la Mejora Continua Empresarial y Personal Efectivas.

Comenzamos!



Mejora Continua







Puedes consultar mi perfil en Twitter @3mleiva



Marco Instrumental Orientación Ilda_Mera

Resumo do 3º módulo: marco instrumental para a orientación O curso ponte deste posgrao 2017 remata co bloque instrumental das tarefas e...