MERCADO DE TRABALLO E INICIATIVA EMPRENDEDORA CPOLAB17
1. O MERCADO DE TRABALLO – CONCEPTOS BÁSICOS
É o ámbito no que empresas e traballadores negocian a cantidade de traballo a intercambiar e a que prezo (salario). Nel colisionan dúas forzas: a oferta e a demanda de traballo.
O traballo é un factor de produción.
O emprego é o posto de traballo no que se “emprega” o traballo.
O EQUILIBRIO DO MERCADO - CAUSAS DO PARO
Solución: eliminar todo o que poida supoñer unha rixidez
KEYNESIANOS: Traballo ofertado (TO) – Traballo demandando (TD) = PARADOS
Solución: aumentar a demanda de traballo (DT) mediante aumento na demanda agregada
EFECTOS DO PARO
1. Sobre as persoas paradas
- Merma de ingresos (con subsidio) ou pobreza (sen subsidio)
- Perda de cualificación laboral
- Baixa autoestima e degradación persoal
2. Sobre as persoas ocupadas
- Parte do seu traballo non lles é remunerado
3. Sobre o conxunto da economía
- Perda de capacidade produtiva (ineficiencia)
- Mala distribución da renda
- Escasa demanda interna
- Menor benestar
2. INDICADORES DO MERCADO DE TRABALLO - EPA
- Poboación en idade de traballar.
- Poboación activa.
- Poboación ocupada.
- Poboación ocupada a tempo completo.
- Poboación ocupada a tempo parcial.
- Poboación parada.
3. O CONTEXTO DA DINÁMICA EMPRENDEDORA (Informes GEM)
É importante resaltar que o Informe GEM 2016 sobre emprendemento e creación de empresas (Global Entreprenurship Monitor) reflicte unha nova caida da actividade emprendedora en España e que, no caso de Galicia, o dato da Taxa de Actividade Emprendedora do 2015 mostra un notable crecemento respecto ao ano anterior ao pasar do 3,92% do 2014 ao 5,51% no 2015. Isto parece situarnos no fin da etapa de decrecemento. Aínda así atopámonos por debaixo da taxa de emprendemento da media europea, xa que esta chegou ao 7,8% no ano 2015. TEA ( TAXA DE ACTIVIDADE EMPRENDEDORA)
Con anterioridade ao estoupido da crise, no ano 2007, a actividade emprendedora estaba en pleno auxe, destacando que tanto nese ano como no seguinte as taxas galegas superaron ás españolas. Trala crise de 2008, produciuse un retroceso moi rechamante que tocou fondo no ano 2010.
No entanto, debido ás enormes dificultades para atopar emprego por conta allea, no ano 2011 púidose observar un aumento na Taxa de Actividade Emprendedora galega e española, chegando ao 4,74% en Galicia e, ao 5,81% en España.

As empresas que naceron fixérono por necesidade, dada a falta de emprego por conta allea, con baixos estándares de calidade, sen responder realmente a unha oportunidade de negocio, o que condiciona a súa baixa supervivencia no mercado. Para evitar esa tendencia, as persoas expertas fan as seguintes recomendacións:
- A necesidade de mellorar de maneira urxente a falta de acceso ao financiamento.
- A redución de trámites para crear unha empresa.
- A implantación de materias que fomenten o espírito emprendedor na etapa escolar.
- Unha formación específica que proporcione mecanismos para o recoñecemento das oportunidades.
Ademais no noso modelo produtivo a tendencia na actividade emprendedora non se mantén no tempo polo chamado “efecto esponxa” do seu mercado de traballo, ao absorber emprego en fases de auxe e destruílo en momentos de crise.
Todo o anterior lévanos á seguinte conclusión:
Necesítase un cambio de modelo produtivo, outra estrutura empresarial que conforme un novo tecido de empresas tecnolóxicas, exportadoras… con demandas de traballo de maior cualificación e menos sensibles ás flutuacións do mercado. O autoemprego e a creación de empresas son fundamentais para lograr ese novo modelo produtivo.
4. TRABALLO DE SIMULACIÓN . DEFINICIÓN DO MODELO DE NEGOCIO
QUE É O MODELO CANVAS?
O #modelocanvas permite, a partir da idea, confeccionar modelos propios de desenvolvemento do negocio e validar as súas posibilidades de éxito. O obxectivo é validar a idea e convertela nunha oportunidade para crear unha empresa. Estes catro bloques ou áreas se descompoñen en nove módulos, sobre os que a persoa emprendedora se deberá formular preguntas e encontrar respostas.
COMO SE ELABORA O MODELO DE NEGOCIO?
O modelo confecciónase nun diagrama denominado lenzo CANVAS no que se trata de responder a catro preguntas básicas do deseño de empresa que se vai desenvolver: como?, que?, quen? E canto? que se corresponden coas catro áreas que constitúen o armazón do proxecto: infraestrutura (como), oferta (que), clientes (quen) e finanzas (canto).
Modelo Canvas
COMO SE PRESENTA O MODELO DE NEGOCIO?
Nun lenzo que conteña as respostas que, en cada un dos módulos, a modo de exemplo...1. CLIENTES :
Para quen estamos creando valor? Quen son os nosos clientes?
Segmentos de mercado:
- Atributos de valor polos que están dispostos a pagar
- Orientación a todo o mercado ou a algún segmento.
2. PROPOSTA DE VALOR:
Que valor entregamos ao cliente? Que problema lle solucionamos?
Que necesidade cubrimos? Beneficios que lle achegamos (por segmentos)
Atributos que crean valor: novidade, calidade, deseño, marca, personalización, prezo, facilitar consumo ou aplicación...
3. CANLES:
Canles para contactar cos cliente?
Son as que eles prefiren?
Funcionan xa esas canles e o fan eficientemente?
Como comunicar con cada segmento e entregarlles a proposta de valor (publicitarse e distribuír)?
As súas funcións: axudar a apreciar os atributos de valor e a avaliar a proposta
As súas funcións: axudar a apreciar os atributos de valor e a avaliar a proposta
4. RELACIÓN CON CLIENTES:
Que relación queremos establecer e manter cos cliente?
Será difícil lograla?
Estará en consonancia e se poderá integrar no deseño empresarial?
Tipos de relacións posibles: personalizada, autoservizo, automatizada , estandarizada (gravacións), comunitarias («comunities»), fidelizada...
5. FONTES DE INGRESOS:
Por que atributos de valor estarán dispostos a pagar?
Xa están pagando por iso?
Como pagan e como prefiren pagar?
Ingresos (%) por liña?
Ingresos recorrentes , dunha soa vez, con adiamento no pago, con prezos fixos ou non...
O sistema de fixación do prezo é determinante: por unidade, por uso, por subscrición (matrícula ou entrada)...
Que recursos require a proposta de valor?
6. RECURSOS CLAVE:
Que recursos require a proposta de valor?
Que recursos require a utilización das canles?
E a relación cos clientes?
E as fontes de ingresos?
Investimentos que require o deseño de empresa (modelo de negocio)
As persoas que se necesitan e as súas capacidades para lograr a proposta de valor.
Recursos financeiros requiridos...
7. ACTIVIDADES CLAVE:
Que actividades require a proposta de valor?
Que actividades require a utilización das canles?
E a relación cos clientes?
Actividades a realizar para manter o deseño de empresa (modelo de negocio): producir/prestar servizos, atender ao cliente, solucionar os seus problemas para lograr a súa satisfacción.
8. ALIADOS CLAVE:
Quen son os nosos socios ou aliados?
Quen son os nosos principais provedores e acredores?
Que nos subministran?
Subministran algo esencial para manter o modelo de negocio?
O que subministran é difícil que o poidamos substituír ou externalizar?
9. ESTRUTURA DE CUSTES:
Cales son os conceptos de custes máis importantes das subministracións para o modelo de negocio?
Os recursos clave que custe supoñen?
E as actividades clave?
Describe os custes das actividades principais, das canles, etc., precisos para desenvolver o modelo de negocio.
Custes fixos (ineludibles) e variables (aumentan coa produción).
A compañeira Marta Méndez Leiva realizou un Storify , recomendamos que o consultedes STORIFY
O resultado aplicado á nosa proposta é o seguinte , esperamos que vos guste!
Ao longo da sesión desarróllase unha idea de negocio propia ( en grupos de tres), en base ao modelo canvas , co exemplo dun caso práctico "Escola de mergulladores Mastersub Golfo Ártabro, S Coop L (CTA)".
A compañeira Marta Méndez Leiva realizou un Storify , recomendamos que o consultedes STORIFY
O resultado aplicado á nosa proposta é o seguinte , esperamos que vos guste!