PROSPECCIÓN DE EMPRESAS #CPOLAB17
Módulo 2 – Intermediación laboral e prospección de empresas [07/10/2017]
Módulo 2 – Intermediación laboral e prospección de empresas [07/10/2017]
Intensa sesión o día 7 de outubro que inicia con un debate sobre oportunidades de emprego no futuro próximo dentro do campo.
Neste contexto aparecen dubidas e peticións de información sobre distintos contidos xa avanzados como por exemplo: utilidades para curación de contidos, currículum por compentencias...
Entrando en "faena", Mayte incide na importancia da prospección aplicada a intermediación laboral e na necesidade de incorporala como un elemento con utilidade en moitos sentidos para a consecución de obxetivos para @s usuari@s.
QUE É A PROSPECCIÓN ?
A prospección aplicada á intermediación laboral é “O proceso de aproximación que fan os servizos locais de ocupación cara o tecido empresarial, no marco do proceso de intermediación entre a oferta e a demanda de emprego, un proceso baseado na cooperación e consistente na detección de necesidades en materia de emprego“ (Definición da Rede Xaloc de Intermediación (Deputación de Barcelona), Cadernos de Fomento de Emprego).
A prospección é a acción de informar, asesorar e detectar necesidades das empresas, así como achegar solucións, ademais de sensibilizar ao empresariado sobre os colectivos obxecto de inserción laboral e das súas oportunidades como traballadores/as ou outros aspectos de interese para o desenvolvemento de actitudes de responsabilidade social (Definición que aparece no manual Prospección de Empresas, unha aproximación metodolóxica desde a Iniciativa Equal, editada pola Agrupación de Desenvolvemento Corredor Siderúrxico Espazo de Emprego e a Federación Asturiana de Empresarios (FADE)).
OBXECTIVOS DA PROSPECCIÓN DE EMPRESAS:
É útil facer prospección nas empresas para:
- Obter información do tecido produtivo do territorio: Perfiles profesionais, ocupación, necesidades formativas, outras necesidades, actividade, volume de facturación, políticas de responsabilidade social, número de traballadores, previsión de expansión…
- Detectar necesidades de emprego, axustar a demanda á oferta de emprego e ás futuras necesidades do mercado de traballo.
- Dar a coñecer (e ofrecer) os recursos e actividades do servizo de promoción económica, así como os recursos dispoñibles en materia de emprego
- Promover a realización de programas, proxectos e actuacións de promoción da ocupación
- Crear sinerxias entre as empresas
- Captar empresas colaboradoras para levar a cabo as actuacións de promoción económica e dar resposta ás propias necesidades das empresas
- Ofrecer asesoramento sobre programas, subvencións vixentes e recursos de ocupación en xeral (programas, contratación, formación, etc.,…)
- Conseguir unha mellora cualitativa na incorporación dos traballadores e traballadoras no mercado de traballo
- Favorecer a inserción laboral de colectivos vulnerables
- Buscar alianzas para o deseño de itinerarios individuais de inserción
- En definitiva, estimular a participación do tecido produtivo do territorio nos programas e proxectos dirixidos á promoción e mellora do emprego
A prospección require un proceso de preparación, para sacarlle o máximo partido ás entrevistas e xestionar o tempo o máis eficientemente posible . Contactar e ser atendidos por unha empresa supón un esforzo mutuo por ambas partes, a planificación axuda tanto a dar unha boa imaxe do noso servizo como para que a entidade confíe na carteira de servizos e aposte por ela.
FASES DO TRABALLO DA PERSOA PROSPECTORA
- Fase preparatoria
- Fase de planificación
- Fase de traballo de campo
- Fase de avaliación e seguimento
METODOLOXÍA A SEGUIR NA PROSPECCIÓN:
Cabe destacar que a etapa de toma de contacto coa empresa a través da entrevista inicial antes da visita é a máis importante.
Fixéronse varias simulacións desta "solicitude de entrevista inicial" en diferentes empresas na sesión:
Estas simulacións foron de moita axuda para realizar o traballo pendente donde , seguindo as tarefas iniciadas nas sesións anteriores temos ; por un lado , a elaboración do guión da entrevista e por outro, guionizar a entrevista mesma na empresa.
Existe un perfil de prospector@, unha serie de características que axudarán a convertil@ nun referente para a empresa : confidencialidade, sensibilidade cos colectivos vulnerables, amabilidade, resolución ...
Finalmente, a tarefa de prospección non pode lograr como producto "queimar as empresas" , un seguemento e comunicación efectiva coas entidades será a mellor forma de conseguir unhas relacións adecuadas con beneficios para ambas partes.
O Storify da sesión a cargo de Tere atópase aloxado en:
PARA SABER MÁIS: