miércoles, 27 de septiembre de 2017

RESUMO MÓDULO I #CPOLAB17 MARCO CONCEPTUAL


Achégovos un resumo do módulo I correspondente ao Postgrao de Especialización en Orientación Laboral . Este primeiro módulo subdivídese en tres temas : Actualización do mercado laboral , Iniciativa emprendedora como forma de acceso ao mercado laboral e; por último, Actualización do mercado de referencia da Orientación laboral .

ACTUALIZACIÓN DO MERCADO LABORAL 


No tema realizamos un repaso da teoría clásica da oferta e demanda de traballo e das distintas solucións que o modelo keynesianos e o modelo clásico ofrecen ante a situación de desemprego e o funcionamento do mercado laboral. El blog Salmón .

Inevitablemente temos que falar de datos e conceptos tan coñecidos como poboación activa , parada , taxa de actividade , taxa de paro ou taxa de emprego. Datos que a EPA incorpora no tratamento dos datos ofrecidos nos coñecidos informes que utilizamos na nosa dinámica laboral e na prospección do mercado de traballo. Podes consultar esta información para ampliar EPA

Debemos coñecer tamén o comportamento das ocupacións : novos xacementos de emprego , perfiles profesionais da oferta de emprego e a clasificación nacional das ocupacions (CNO) .
Existen varios instrumentos e ferramentas como o Observatorio Ocupacional do SEPE, o ObservatorioEuropeo de Emprego (OEE) ou o Observatorio Galego por exemplo que nos facilitarán ese coñecemento das tendencias laborais, podes consultar nesta ligazon do  Instituto das cualificacións.

Existe a opción de traballar por conta propia ou por conta allea , dentro de esta última podemos facelo nunha empresa privada, pública ou nunha administración .

INICIATIVA EMPRENDEDORA COMO FORMA DE ACCESO


Tras unha análise global das taxas de emprendemento en varios paises e as motivacións para emprender baseadas entre outras fontes no informe GEM máis recente , é necesario falar das dificultades coas que se atopan os emprendedores ( ou empresarios ) á hora de implementar unha idea de negocio. Exceso de trámites, escaso financiamento, materias no sector educativo que fomente o espírito emprendedor, formación específica.. son algúns dos que falamos. Pero tamén da evolución dese espírito emprendedor tanto en Europa como a nivel nacional e da comunidade autónoma, constatando un certo atraso acumulado fronte a Europa que parece que repunta lentamente.

Factores de desmotivación para emprender están ligados a estos aspectos que sinalamos ( falta de ideas, barreiras mentais , financiamento...) pero os beneficios sociais da creación de empresas e o emprendemento social foron suliñados na Cumbre de Lisboa marcando o camiño dunha creación de emprego ligado moi de preto ao benestar social.

Trátase dun novo modelo distinto ao capitalismo donde prima a persoa e non tanto o capital, incide na calidade do emprego e na igualdade de oportunidades , favorecendo a cohesión social pero tamén a territorial ( fixa población na zona rural por exemplo ).

Os elemenentos esenciais de creación de empresas son a Idea (Que? ) , a persoa ( Quen? Por que? ) e o plan de empresa (Como?) .



Traballamos o modelo CANVAS , ferramenta proposta por Alexander Osterwalder no ano 2011 e como resultado elaboramos un lenzo con unha idea orixinal en grupo. E iniciamos a elaboración do Plan de Empresa , ferramenta indispensable de comunicación interna pero tamén externa da empresa. Trátase dun documento onde o emprendedor dálle forma á súa idea, reflexiona e plasma as cuestións máis importantes e significativas . Pese a existir tantos modelos de empresas como empresas mesmo, o contido do plan de empresa debe conter : Introducción , Estudo de Mercado, Plan Comercial, Plan de Organización e Recursos Humanos, Aspectos Legais , Estudo de Viabilidade, Conclusión e Resumo executivo ( este último solicitado frecuentemente para o acceso ás subvencións).


Quedaba falar do papel do orientador en todo este proceso de emprendemento, que pasa por respectar a idea e proxecto da persoa emprendedora , facilitar , aclarar , compromisos para a posta en marcha , recoñecemento da honestidade e alcance do traballo , entre outras ...) e que se produce nas distintas fases da elaboración ( Xestación da idea, Análise, Posta e Marcha e Consolidación ).

ACTUALIZACIÓN DO MARCO DE REFERENCIA NA ORIENTACIÓN 


O tema estructurase en tres grandes bloques : Sistema Nacional de Emprego ( SNE) , Marco actual da política de emprego en España e finalmente, política de emprego en Europa.

En canto ao Sistema Nacional de Emprego (SNE) , destacar a súa composición ; o Servizo Público de EmpregoEstatal (SEPE), os Servizos Públicos de emprego das comunidades autónomas (SPEG) e dous órganos do SNE : Conferencia Sectorial de Asuntos Laborais ( colaboración, coordinación e cooperación entre o Estado e as comunidades autónomas ; destacando a elaboración dos Plans Nacionais ) e o Consello Xeral do SNE ( órgano consultivo de participación institucional).

No marco das políticas de emprego é importante diferenciar entre políticas activas e pasivas de emprego ; as primeiras teñen como obxetivo programas e medidas para mellorar o acceso das persoas no mercado laboral , o mantemento do emprego e promoción profesional , as segundas teñen como obxetivo a protección por desemprego no periodo en que a persoa traballadora , con capacidade para traballar e con intención de facelo non logra atopar un posto.



Marco institucional das políticas activas en España
A competencia lexislativa en materia laboral corresponde ao Estado , conforme ao sinalado na Constitución art 149, sen perxuizo da execución polas comunidades autónomas.

Froito da regulación deste marco de competencias nace a Lei 56/2003, de Empleo e a definición do concepto integral de políticas de emprego : “ conxunto de decisións adoptadas polo Estado e as comunidades autónomas , que teñen como finalidade o desenvolvemento de programas e medidas tendentes á consecución do pleno emprego, así como a calidade do emprego , a adecuación cuantitativa e cualitativa da oferta e a demanda e á reducción e debida protección por desemprego “
Como instrumentos de coordinación do SNE destacaremos os plans anuais de política de emprego     (instrumento de coordinación que contén servizos e programas de políticas activas que se propoñen levar a cabo as CC.AA) , a estratexia de activación para o emprego (configúrase como o primeiro instrumento de coordinación , marco normativo plurianual para a coordinación e execución das políticas de emprego no conxunto do estado. Ten a finalidade de incrementar a eficacia na utilización dos fondos e a correspondente a 2017-2020 está en proceso de elaboración . Establecerá o marco dos sucesivos PAPE e elaborase dentro do marco do diálogo social e o Plan anual de Reformas (da conta do grado de cumprimento dos compromisos asumidos por España no marco do Semestre Europeo, en particular das recomendacións do Consello a España . Conten numerosas medidas entre as que se encontra o respaldo da iniciativa emprendedora e desenvolvemento empresarial).

Consulta este video para  telo máis claro ¡



Política de Emprego en Europa
A estratexia europea de emprego , articulada ao redor de catro instrumentos , trata de planificar , facer o seguemento e o axuste dos Estados Membros para coordinar os instrumentos utilizados para combater o desemprego :
1) Directrices de emprego
2) Plans Nacionais de acción para o emprego
3) Informe conxunto sobre o emprego , síntese dos plans dos estados.
4) Recomendacións do Consello por maioría cualificada
5) Recomendacións específicas para cada país.

Prioridades e obxetivos 2020
A Extratexia Europa 2020 pretende un revulsivo á crise e baséase en 3 alicences : crecemento intelixente ( ligado ao coñecemento e innovación ) , crecemento sustentable ( eficaz cos recusos – verde – competitiva) e crecemento integrador ( cohesión social e territorial) .

Dentro das prioridades , áreas e obxetivos contemplados destácanse ...

- 75% poboación de entre 20 e 64 debería estar empregada.
- O 3% PIB investido en I+D
- Obxetivo 20/20/20 en materia de clima e enerxía, e reducción das emisión ao 30%.
- Abandono escolar inferior ao 10% e o 40% dos mozos con estudos superiores completos.
- Risco de pobreza debería amenazar a 20 millóns de persoas menos.


Para saber máis...

Regulamento (CE) número 1784/1999 do Parlamento Europeo e do Consello, de 12 e xullo de 1999
Plan anual de políticas de empleo 2016
Estrategia Española de Activación

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

Marco Instrumental Orientación Ilda_Mera

Resumo do 3º módulo: marco instrumental para a orientación O curso ponte deste posgrao 2017 remata co bloque instrumental das tarefas e...