sábado, 16 de septiembre de 2017

ENTRADA GRUPAL DO MÓDULO 1. RESUMO DA SESIÓN PRESENCIAL: MERCADO DE TRABALLO E INICIATIVA EMPRENDEDORA






    
HORARIO DAS  ACTIVIDADES PROGRAMADAS

16:00 h Presentación dos contidos do mercado de traballo e iniciativa emprendedora e do xogo de simulación

17:00 h O modelo de negocio CANVAS aplicado ao caso dunha Cooperativa de Traballo Asociado (patrón ou modelo de referencia para realizar o obradoiro aplicado ao propio proxecto)

18:00 h Descanso

18:15 h Traballo de simulación: definición do voso modelo de negocio. Elaboración do lenzo CANVAS

20:00 h Exposición no mural do lenzo de cada grupo 20:15 h Finalización da primeira parte do xogo de simulación e valoración


0.   INTRODUCIÓN:

O MERCADO DE TRABALLO – CONCEPTOS BÁSICOS

É o ámbito no que empresas e traballadores negocian a cantidade de traballo a intercambiar e a que prezo (salario).

Nel colisionan dúas forzas: a oferta e a demanda de traballo.

O traballo é un factor de produción.

O emprego é o posto de traballo no que se “emprega” o traballo.

O EQUILIBRIO DO MERCADO

Formulación clásica: o mercado sempre alcanza o equilibrio no caso de deixar actuar libremente á oferta e demanda. Sempre se porán de acordo en intercambiar a cantidade que satisfaga a ambas partes mediante axustes no salario de equilibrio.

Formulación keynesiana: como os salarios son ríxidos á baixa e existen normas laborais que regulan os intercambios, os axustes entre oferta e demanda fanse a través da cantidade de traballadores contratados que, ao non coincidir cos que desexan traballar, fai que o mercado non estea en equilibrio e se produza unha situación de paro.

CAUSAS DO PARO

1. FUNCIONAMENTO DO MERCADO DE TRABALLO E RIXIDEZ DE SALARIO (SMI)

CLÁSICOS





Traballo ofertado (TO) – Traballo demandando (TD) = PARADOS

Solución: eliminar todo o que poida supoñer unha rixidez





EFECTOS DO PARO


1) Sobre as persoas paradas

Merma de ingresos (con subsidio) ou pobreza (sen subsidio)
Perda de cualificación laboral
Baixa autoestima e degradación persoal

2) Sobre as persoas ocupadas

Parte do seu traballo non lles é remunerado

3) Sobre o conxunto da economía

Perda de capacidade produtiva (ineficiencia)
Mala distribución da renda
Escasa demanda interna
Menor benestar

INDICADORES DO MERCADO DE TRABALLO. Definicións da EPA

Poboación en idade de traballar: persoas entre 16 e 65 anos.

Poboación activa: persoas en idade de traballar que desexan facelo e que na
semana anterior á realización da Enquisa de Poboación Activa (EPA) están dispoñibles para incorporarse á produción.

Poboación ocupada (persoas activas que encontraron emprego por conta allea ou propia): na semana anterior á realización da enquisa traballaron durante cando menos 1 hora ou estaban de baixa por enfermidade.

Poboación ocupada a tempo completo

Poboación ocupada a tempo parcial

Poboación parada (ou desocupada, persoas activas que non atopan emprego): na semana anterior á realización da enquisa estaban sen traballar, dispoñibles para isto e buscando activamente emprego (Regulamento CE 1987/2000).



1.    O CONTEXTO DA DINÁMICA EMPRENDEDORA (Informes GEM)

O Informe GEM 2016 sobre emprendemento e creación de empresas (Global Entreprenurship Monitor), reflicte unha nova caida da actividade emprendedora en España. No caso de Galicia o dato da TEA¹ do 2015 mostra un notable crecemento respecto ao ano anterior ao pasar do 3,92% do 2014 ao 5,51% no 2015, o que parecer situarnos no fin da etapa de decrecemento que se ven observando desde o ano 2014. A pesar da melloría aínda nos atopamos por baixo da taxa de emprendemento da media europea, xa que esta chega ao 7,8% no ano 2015.

Con anterioridade ao estoupido da crise, no ano 2007, a actividade emprendedora estaba en pleno auxe, destacando que tanto nese ano como no seguinte as taxas galegas superaron ás españolas. Trala crise de 2008, produciuse un retroceso moi rechamante que tocou fondo no ano 2010.

No entanto, debido ás enormes dificultades para atopar emprego por conta allea, no ano 2011 púidose observar un aumento na Taxa de Actividade Emprendedora galega e española, chegando ao 4,74% en Galicia e, ao 5,81% en España.

Esta evolución pódese apreciar no seguinte gráfico:

Fonte: Gráfico facilitado na presentación de Fernando Agulló con datos dos Informes GEM de España e Galicia

¹TEA: cociente entre as persoas de 18 a 64 anos involucradas en actividades emprendedoras e o total de persoas entre 18 e 64 anos.

Tamén é de destacar o feito de que o emprendemento feminino segue a ser inferior en Galicia que en España, TEA do 4,62% en Galicia fronte ao 5,02 de media nacional.

As empresas que naceron fixérono por necesidade, dada a falta de emprego por conta allea, con baixos estándares de calidade, sen responder realmente a unha oportunidade de negocio, o que condiciona a súa supervivencia no mercado. Esa tendencia comezou a cambiar no 2015, segundo se desprende do Informe Mundial GEM, no que se sostén que o 73,5 % das iniciativas emprendedoras en 2015 foron motivadas pola oportunidade, non pola necesidade. Ir á ligazón http://www.gem-spain.com/tag/tasa-de-actividad-emprendedora 

As condicións actuais da contorna dificultan o proceso emprendedor na nosa sociedade que adoece de certas carencias de cultura emprendedora que permitan desenvolver proxectos de alto potencial de crecemento xa que:
·        na poboación apréciase unha baixa tolerancia ao risco e
·        hai unha escasa capacidade de percepción de oportunidades

Os expertos consideran importante introducir contidos relativos ao fenómeno emprendedor en todos os niveis educativos e dar continuidade ás políticas de apoio ao emprendemento e fan as seguintes recomendacións:

Ø  A necesidade de mellorar de maneira urxente a falta de acceso ao financiamento.
Ø  A redución de trámites para crear unha empresa.
Ø  A implantación de materias que fomenten o espírito emprendedor na etapa escolar.
Ø  Unha formación específica que proporcione mecanismos para o recoñecemento das oportunidades.

O estudo de Doing Business observou que en España os trámites administrativos necesarios, o tempo que se require, o custe e o capital son excesivos para pór en marcha unha empresa con forma de sociedade mercantil, cunhas características estandarizadas (patrimonio, responsabilidade, persoal, etc.). España é dos países máis lentos en creación de empresas e ocupa o posto 30 dos 34 países OCDE: fan falta moitos trámites que, ademais, requiren demasiados días (10 trámites e 28 días).

Ademais no noso modelo produtivo a tendencia na actividade emprendedora non se mantén no tempo xa que se caracteriza polo chamado “efecto esponxa” do seu  mercado de traballo , debido a que absorbe emprego en fases de auxe e por destruílo en momentos de crise.

Por ende, o noso modelo produtivo está composto maioritariamente por PEMES de moi escasa dimensión, poderiamos dicir que está integrado por empresas diminutas, fronte as da maioría dos países desenvolvidos. Por exemplo, no ano 2014, o número de traballadores por empresa en España era de 4,7, mentres que en Francia, 5,7; en Gran Bretaña, 11; e en Alemaña 11,7.

O tecido empresarial que integra este modelo produtivo está baseado fundamentalmente en empresas da construción e o turismo o que fixo que España, na fase de auxe do ciclo e coas axudas dos fondos europeos, crecese de forma moi rechamante e fose capaz de xerar tanto emprego pero tamén que hoxe sexa o país da UE con maior porcentaxe de empregos que non requiren cualificación. O que provocou tamén que o mercado laboral en España ostente o récord de precariedade pois a temporalidade, aínda que hoxe é menor debido a que o emprego destruído foi maioritariamente temporal, chegou ao 29,5%, fronte ao 15% en Europa.

A taxa de paro dos menores de 25 anos compróbase que duplica a xeral, sendo unha das máis altas de Europa. Este é un problema estrutural da economía Española con efectos perversos sobre a mocidade na actualidade e que suporá unha perda da competitividade para o futuro.

Todo o anterior lévanos á seguinte conclusión:

Necesítase un cambio de modelo produtivo, 
un modelo produtivo novo

Outra estrutura empresarial que conforme un novo tecido de empresas tecnolóxicas, exportadoras… con demandas de traballo de maior cualificación e menos sensibles ás flutuacións do mercado.
O autoemprego e a creación de empresas son fundamentais para lograr ese novo modelo produtivo co que se xere riqueza e benestar e que cre e manteña o emprego. Pero somos unha sociedade pouco emprendedora.

Principais razóns que explican a desmotivación para emprender:
 Pouca valoración social.
 Falta de ideas de negocio.
 Escaso coñecemento do sector,
 Falta de formación específica para emprender.
 Problemas de financiamento e burocracia.
 Medo ao fracaso.

2.    O EMPRENDEMENTO E OS BENEFICIOS SOCIAIS DA CREACIÓN DE EMPRESAS E DA ECONOMÍA SOCIAL

 A riqueza e o benestar dunha economía están directamente relacionados coa súa actividade emprendedora, coa súa capacidade de identificar oportunidades e crear empresas, do que se deduce a necesidade que temos de converternos nunha sociedade emprendedora.

Os beneficios sociais da creación de empresas:

 Contribúe ao cambio do modelo produtivo (empresas que xeren alto valor engadido, que demanden traballo cualificado e con capacidade exportadora e de maior tamaño).

  •     Créase emprego e aumenta a competitividade.
  •     Créase riqueza e benestar social.
A creación de empresas da Economía Social (ES) presenta os beneficios propios da creación de empresas, pero tamén ten efectos específicos derivados da fórmula de xestión das súas empresas, dos principios que as rexen:

  •  Coidadosas co emprego en momentos de crise
  •  Crean riqueza de forma sostible
  •  Con arraigo no seu contorno
  •  Desenvolven actividades en sectores socialmente necesarios
  •  Contribúen a cohesión social
  •  Contribúen a cohesión territorial


3.    ELEMENTOS ESENCIAIS PARA A CREACIÓN DE EMPRESAS




















Fonte: Imaxe facilitada na presentación do docente Fernando Agulló


    
TRABALLO DE SIMULACIÓN. DEFINICIÓN DO MODELO DE NEGOCIO

QUE É O MODELO CANVAS?                                                                                 
     O modelo Canvas permite, a partir da idea, confeccionar modelos propios de desenvolvemento do negocio e validar as súas posibilidades de éxito. O obxectivo é validar a idea e convertela nunha  oportunidade para crear unha empresa. Estes catro bloques ou áreas se descompoñen en nove módulos, sobre os que a persoa emprendedora se deberá formular preguntas e encontrar respostas.                                                                                  


COMO SE ELABORA O MODELO DE NEGOCIO?                                               
    O modelo confecciónase nun diagrama denominado lenzo CANVAS no que se trata de responder    a catro preguntas básicas do deseño de empresa que se vai desenvolver:  como?, que?, quen? E canto? que se corresponden coas catro áreas que constitúen o armazón do proxecto: infraestrutura (como), oferta (que), clientes (quen) e finanzas (canto).                                                                             



COMO SE PRESENTA O MODELO DE NEGOCIO?

Nun lenzo que conteña as respostas que, en cada un dos módulos, se atoparon ás preguntas formulada. 

1. CLIENTES :

Para quen estamos creando valor? Quen son os nosos clientes?

Segmentos de mercado:
-  Atributos de valor polos que están dispostos a pagar
-  Orientación a todo o mercado ou a algún segmento.


2. PROPOSTA DE VALOR:        
                                                                         

Que valor entregamos ao cliente? Que problema lle solucionamos? 
Que necesidade cubrimos? Beneficios que lle achegamos (por segmentos) 
Atributos que crean valor: novidade, calidade, deseño, marca, personalización, prezo, facilitar consumo ou aplicación...





3. CANLES:   
                                                                                          

Canles para contactar cos cliente? Son as que eles prefiren? Funcionan xa esas canles e o fan eficientemente?. Como comunicar con cada segmento e entregarlles a proposta de valor (publicitarse e distribuír) As súas funcións: axudar a apreciar os atributos de valor e a avaliar a proposta





4. RELACIÓN CON CLIENTES:                                                        

Que relación queremos establecer e manter cos cliente? Será difícil lograla? Estará en consonancia e se poderá integrar no deseño empresarial? Tipos de relacións posibles: personalizada, autoservizo, automatizada , estandarizada (gravacións), comunitarias («comunities»), fidelizada...


5. FONTES DE INGRESOS:

                                                                                                            
Por que atributos de valor estarán dispostos a pagar?. Xa están pagando por iso? Como pagan e como prefiren pagar? Ingresos (%) por liña? Ingresos recorrentes , dunha soa vez, con adiamento no pago, con prezos fixos ou non... O sistema de fixación do prezo é determinante: por unidade, por uso, por subscrición (matrícula ou entrada)...

 

6. RECURSOS CLAVE                                

                                                                                                   

Que recursos require a proposta de valor? Que recursos require a utilización das canles? E a relación cos clientes? E as fontes de ingresos? Investimentos que require o deseño de empresa (modelo de negocio) As persoas que se necesitan e as súas capacidades para lograr a proposta de valor Recursos financeiros requiridos..


7. ACTIVIDADES CLAVE                                                                                              

Que actividades require a proposta de valor? Que actividades require a utilización das canles? E a relación cos clientes? Actividades a realizar para manter o deseño de empresa (modelo de negocio): producir/prestar servizos, atender ao cliente, solucionar os seus problemas para lograr a súa satisfacción.


8. ALIADOS CLAVE


                                                                                               

Quen son os nosos socios ou aliados? Quen son os nosos principais provedores e acredores?, que nos subministran? Subministran algo esencial para manter o modelo de negocio O que subministran é difícil que o poidamos substituír ou externalizar





9. ESTRUTURA DE CUSTES

                                                                         


Cales son os conceptos de custes máis importantes das subministracións para o modelo de negocio? Os recursos clave que custe supoñen? E as actividades clave? Describe os custes das actividades principais, das canles, etc., precisos para desenvolver o modelo de negocio. Custes fixos (ineludibles) e variables (aumentan coa produción).






Ao longo da sesión desarróllase unha idea de negocio propia ( en grupos de tres),  en base ao modelo canvas , co exemplo dun caso práctico "Escola de mergulladores Mastersub Golfo Ártabro, S Coop L (CTA)".

O resultado aplicado á nosa proposta é o seguinte , espero que vos guste¡ 

   
Para os máis curiosos/as ...😉
    
Ver enlace : Libro - Modelo de Negocio 

Ver video:
                               

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

Marco Instrumental Orientación Ilda_Mera

Resumo do 3º módulo: marco instrumental para a orientación O curso ponte deste posgrao 2017 remata co bloque instrumental das tarefas e...