miércoles, 18 de octubre de 2017



PROSPECCIÓN DE EMPRESAS    #CPOLAB17
Módulo 2 – Intermediación laboral e prospección de empresas [07/10/2017]


Intensa sesión o día 7 de outubro que inicia con un debate sobre oportunidades de emprego no futuro próximo dentro do campo.

Neste contexto aparecen dubidas e peticións de información sobre distintos contidos xa avanzados como por exemplo: utilidades para curación de contidos, currículum por compentencias...

Entrando en "faena", Mayte  incide na importancia da prospección aplicada a intermediación laboral e na necesidade de incorporala como un elemento con  utilidade en moitos sentidos para a consecución de obxetivos para @s usuari@s.


QUE É A PROSPECCIÓN ?

A prospección aplicada á intermediación laboral é “O proceso de aproximación que fan os servizos locais de ocupación cara o tecido empresarial, no marco do proceso de intermediación entre a oferta e a demanda de emprego, un proceso baseado na cooperación e consistente na detección de necesidades en materia de emprego“ (Definición da Rede Xaloc de Intermediación (Deputación de Barcelona), Cadernos de Fomento de Emprego).

A prospección é a acción de informar, asesorar e detectar necesidades das empresas, así como achegar solucións, ademais de sensibilizar ao empresariado sobre os colectivos obxecto de inserción laboral e das súas oportunidades como traballadores/as ou outros aspectos de interese para o desenvolvemento de actitudes de responsabilidade social (Definición que aparece no manual Prospección de Empresas, unha aproximación metodolóxica desde a Iniciativa Equal, editada pola Agrupación de Desenvolvemento Corredor Siderúrxico Espazo de Emprego e a Federación Asturiana de Empresarios (FADE)).


OBXECTIVOS DA PROSPECCIÓN DE EMPRESAS:


É útil facer prospección nas empresas para:

  1. Obter información do tecido produtivo do territorio: Perfiles profesionais, ocupación, necesidades formativas, outras necesidades, actividade, volume de facturación, políticas de responsabilidade social, número de traballadores, previsión de expansión… 
  2. Detectar necesidades de emprego, axustar a demanda á oferta de emprego e ás futuras necesidades do mercado de traballo. 
  3. Dar a coñecer (e ofrecer) os recursos e actividades do servizo de promoción económica, así como os recursos dispoñibles en materia de emprego 
  4. Promover a realización de programas, proxectos e actuacións de promoción da ocupación 
  5. Crear sinerxias entre as empresas 
  6. Captar empresas colaboradoras para levar a cabo as actuacións de promoción económica e dar resposta ás propias necesidades das empresas 
  7. Ofrecer asesoramento sobre programas, subvencións vixentes e recursos de ocupación en xeral (programas, contratación, formación, etc.,…) 
  8. Conseguir unha mellora cualitativa na incorporación dos traballadores e traballadoras no mercado de traballo 
  9. Favorecer a inserción laboral de colectivos vulnerables 
  10. Buscar alianzas para o deseño de itinerarios individuais de inserción 
  11. En definitiva, estimular a participación do tecido produtivo do territorio nos programas e proxectos dirixidos á promoción e mellora do emprego

A prospección require un proceso de preparación, para sacarlle o máximo partido ás entrevistas e xestionar o tempo o máis eficientemente posible . Contactar e ser atendidos por unha empresa supón un esforzo mutuo por ambas partes, a planificación axuda tanto a dar unha boa imaxe do noso servizo como para que a entidade confíe na carteira de servizos e aposte por ela.

FASES DO TRABALLO DA PERSOA PROSPECTORA

  1. Fase preparatoria
  2. Fase de planificación
  3. Fase de traballo de campo
  4. Fase de avaliación e seguimento


METODOLOXÍA A SEGUIR NA PROSPECCIÓN:



Cabe destacar que a etapa de toma de contacto coa empresa a través da entrevista inicial antes da visita é a máis importante.

Fixéronse varias simulacións desta "solicitude de entrevista inicial" en diferentes empresas na sesión:




Estas simulacións foron de moita axuda para realizar o traballo pendente donde , seguindo as tarefas iniciadas nas sesións anteriores temos ; por un lado , a elaboración do guión da entrevista e por outro, guionizar a entrevista mesma na empresa.

Existe un perfil de prospector@, unha serie de características que axudarán a convertil@ nun referente para a empresa : confidencialidade, sensibilidade cos colectivos vulnerables, amabilidade, resolución ... 

Finalmente, a tarefa de prospección non pode lograr como producto "queimar as empresas" , un seguemento e comunicación efectiva coas entidades será a mellor forma de conseguir unhas relacións adecuadas con beneficios para ambas partes.

O Storify da sesión a cargo de Tere atópase aloxado en:




PARA SABER MÁIS:



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

Marco Instrumental Orientación Ilda_Mera

Resumo do 3º módulo: marco instrumental para a orientación O curso ponte deste posgrao 2017 remata co bloque instrumental das tarefas e...