RESUMO MÓDULO I #CPOLAB17 MARCO CONCEPTUAL
Achégovos un resumo do módulo I
correspondente ao Postgrao de Especialización en Orientación
Laboral . Este primeiro módulo subdivídese en tres temas :
Actualización do mercado laboral , Iniciativa emprendedora como
forma de acceso ao mercado laboral e; por último, Actualización do
mercado de referencia da Orientación laboral .
ACTUALIZACIÓN DO MERCADO LABORAL
No tema realizamos un repaso da teoría
clásica da oferta e demanda de traballo e das distintas solucións
que o modelo keynesianos e o modelo clásico ofrecen ante a situación
de desemprego e o funcionamento do mercado laboral. El blog Salmón .
Inevitablemente temos que falar de
datos e conceptos tan coñecidos como poboación activa , parada ,
taxa de actividade , taxa de paro ou taxa de emprego. Datos que a EPA
incorpora no tratamento dos datos ofrecidos nos coñecidos informes
que utilizamos na nosa dinámica laboral e na prospección do mercado
de traballo. Podes consultar esta información para ampliar EPA
Debemos coñecer tamén o comportamento
das ocupacións : novos xacementos de emprego , perfiles profesionais
da oferta de emprego e a clasificación nacional das ocupacions (CNO)
.
Existen varios instrumentos e
ferramentas como o Observatorio Ocupacional do SEPE, o ObservatorioEuropeo de Emprego (OEE) ou o Observatorio Galego por exemplo que nos
facilitarán ese coñecemento das tendencias laborais, podes consultar nesta ligazon do Instituto das cualificacións.
Existe a opción de traballar por
conta propia ou por conta allea , dentro de esta última podemos
facelo nunha empresa privada, pública ou nunha administración .
INICIATIVA EMPRENDEDORA COMO FORMA DE ACCESO
Tras unha análise global das taxas de
emprendemento en varios paises e as motivacións para emprender
baseadas entre outras fontes no informe GEM máis recente , é
necesario falar das dificultades coas que se atopan os emprendedores
( ou empresarios ) á hora de implementar unha idea de negocio.
Exceso de trámites, escaso financiamento, materias no sector
educativo que fomente o espírito emprendedor, formación
específica.. son algúns dos que falamos. Pero tamén da evolución
dese espírito emprendedor tanto en Europa como a nivel nacional e da
comunidade autónoma, constatando un certo atraso acumulado fronte a
Europa que parece que repunta lentamente.
Factores de desmotivación para
emprender están ligados a estos aspectos que sinalamos ( falta de
ideas, barreiras mentais , financiamento...) pero os beneficios
sociais da creación de empresas e o emprendemento social foron
suliñados na Cumbre de Lisboa marcando o camiño dunha creación de
emprego ligado moi de preto ao benestar social.
Trátase dun novo modelo distinto ao
capitalismo donde prima a persoa e non tanto o capital, incide na
calidade do emprego e na igualdade de oportunidades , favorecendo a
cohesión social pero tamén a territorial ( fixa población na zona
rural por exemplo ).
Os elemenentos esenciais de creación
de empresas son a Idea (Que? ) , a persoa ( Quen? Por que? ) e o
plan de empresa (Como?) .
Traballamos o modelo CANVAS ,
ferramenta proposta por Alexander Osterwalder no ano 2011 e como
resultado elaboramos un lenzo con unha idea orixinal en grupo. E
iniciamos a elaboración do Plan de Empresa , ferramenta
indispensable de comunicación interna pero tamén externa da
empresa. Trátase dun documento onde o emprendedor dálle forma á
súa idea, reflexiona e plasma as cuestións máis importantes e
significativas . Pese a existir tantos modelos de empresas como
empresas mesmo, o contido do plan de empresa debe conter :
Introducción , Estudo de Mercado, Plan Comercial, Plan de
Organización e Recursos Humanos, Aspectos Legais , Estudo de
Viabilidade, Conclusión e Resumo executivo ( este último solicitado
frecuentemente para o acceso ás subvencións).
Quedaba falar do papel do orientador en
todo este proceso de emprendemento, que pasa por respectar a idea e
proxecto da persoa emprendedora , facilitar , aclarar , compromisos
para a posta en marcha , recoñecemento da honestidade e alcance do
traballo , entre outras ...) e que se produce nas distintas fases da
elaboración ( Xestación da idea, Análise, Posta e Marcha e
Consolidación ).
ACTUALIZACIÓN DO MARCO DE REFERENCIA NA ORIENTACIÓN
O tema estructurase en tres grandes
bloques : Sistema Nacional de Emprego ( SNE) , Marco actual da
política de emprego en España e finalmente, política de emprego en
Europa.
En canto ao Sistema Nacional de Emprego (SNE)
, destacar a súa composición ; o Servizo Público de EmpregoEstatal (SEPE), os Servizos Públicos de emprego das comunidades
autónomas (SPEG) e dous órganos do SNE : Conferencia Sectorial de Asuntos
Laborais ( colaboración, coordinación e cooperación entre o Estado
e as comunidades autónomas ; destacando a elaboración dos Plans
Nacionais ) e o Consello Xeral do SNE ( órgano consultivo de
participación institucional).
No marco das políticas de emprego é
importante diferenciar entre políticas activas e pasivas de emprego
; as primeiras teñen como obxetivo programas e medidas para
mellorar o acceso das persoas no mercado laboral , o mantemento do
emprego e promoción profesional , as segundas teñen como obxetivo a
protección por desemprego no periodo en que a persoa traballadora ,
con capacidade para traballar e con intención de facelo non logra
atopar un posto.
Marco institucional das políticas
activas en España
A competencia lexislativa en materia
laboral corresponde ao Estado , conforme ao sinalado na Constitución
art 149, sen perxuizo da execución polas comunidades autónomas.
Froito da regulación deste marco de competencias nace a Lei 56/2003, de Empleo e a definición do concepto integral de políticas de emprego : “ conxunto de decisións adoptadas polo Estado e as comunidades autónomas , que teñen como finalidade o desenvolvemento de programas e medidas tendentes á consecución do pleno emprego, así como a calidade do emprego , a adecuación cuantitativa e cualitativa da oferta e a demanda e á reducción e debida protección por desemprego “
Como instrumentos de coordinación do SNE destacaremos os plans
anuais de política de emprego (instrumento de coordinación que
contén servizos e programas de políticas activas que se propoñen
levar a cabo as CC.AA) , a estratexia de activación para o
emprego (configúrase como o primeiro instrumento de coordinación ,
marco normativo plurianual para a coordinación e execución das
políticas de emprego no conxunto do estado. Ten a finalidade de
incrementar a eficacia na utilización dos fondos e a correspondente
a 2017-2020 está en proceso de elaboración . Establecerá o marco
dos sucesivos PAPE e elaborase dentro do marco do diálogo social e
o Plan anual de Reformas (da conta do grado de cumprimento dos
compromisos asumidos por España no marco do Semestre Europeo, en
particular das recomendacións do Consello a España . Conten
numerosas medidas entre as que se encontra o respaldo da iniciativa
emprendedora e desenvolvemento empresarial).
Consulta este video para telo máis claro ¡
Política de Emprego en Europa
A estratexia europea de emprego ,
articulada ao redor de catro instrumentos , trata de planificar ,
facer o seguemento e o axuste dos Estados Membros para coordinar os
instrumentos utilizados para combater o desemprego :
1) Directrices de emprego
2) Plans Nacionais de acción para o
emprego
3) Informe conxunto sobre o emprego ,
síntese dos plans dos estados.
4) Recomendacións do Consello por maioría
cualificada
5) Recomendacións específicas para cada
país.
Prioridades e obxetivos 2020
A Extratexia Europa 2020 pretende un
revulsivo á crise e baséase en 3 alicences : crecemento intelixente
( ligado ao coñecemento e innovación ) , crecemento sustentable (
eficaz cos recusos – verde – competitiva) e crecemento integrador
( cohesión social e territorial) .
Dentro das prioridades , áreas e
obxetivos contemplados destácanse ...
- 75% poboación de entre 20 e 64 debería
estar empregada.
- O 3% PIB investido en I+D
- Obxetivo 20/20/20 en materia de clima e
enerxía, e reducción das emisión ao 30%.
- Abandono escolar inferior ao 10% e o
40% dos mozos con estudos superiores completos.
- Risco de pobreza debería amenazar a 20
millóns de persoas menos.
Para saber máis...
Regulamento (CE) número 1784/1999 do Parlamento Europeo e do Consello, de 12 e xullo de 1999
Plan anual de políticas de empleo 2016
Estrategia Española de Activación